RCD / NOVAS

Miku, novo xogador do Dépor 20·21

25/09/2020 21:15

Nicolás Ladislao Fedor Flores, máis coñecido como Miku (Caracas, Venezuela, 19 de agosto de 1985) será xogador do RC Deportivo para a Temporada 2020-2021.

Dianteiro internacional por Venezuela en 51 ocasións (11 goles), tamén posúe a nacionalidade húngara debido á orixe da súa familia paterna. Miku chega procedente do Omonia Nicosia chipriota, equipo no que xogaba desde o verán de 2019.

O ariete venezolano chegou a España con 16 anos, para formar parte da canteira da Valencia CF. Após asinar ficha profesional en 2004, apenas dispuxo de oportunidades no primeiro equipo valencianista, co que só xogou 7 partidos durante os 6 anos que durou o seu contrato. Ao longo do seu periplo 'ché' foi cedido a CD Alcoyano, UD Salamanca (ambos en Segunda B), CF Ciudad de Murcia, Gimnàstic de Tarragona e de novo UD Salamanca (estes tres en Segunda).

Miku foi traspasado ao Getafe CF no mercado de inverno da campaña 2009-2010. Co conxunto madrileño asinou por catro temporadas e media, sendo peza indispensable do mesmo durante as dúas primeiras campañas e media. O curso 2012-2013 foi cedido ao Celtic, ao que axudou a conquistar o dobrete Liga-Copa en Escocia con 14 partidos e 2 goles. Recentemente comezada a temporada 2013-2014 foi traspasado ao Al-Gharafa qatarí (25 encontros e 6 tantos).

Ano e medio despois regresou a España da man do Rayo Vallecano, club polo que asinou en febreiro de 2015, antes de emprender, en agosto de 2017, unha nova aventura exótica, esta vez na India. Co Bengaluru FC xogou dúas campañas, nas que gañou unha Liga e unha Supercopa e marcou 25 goles, antes de volver a Europa co Omonia (9 partidos).

Miku xogou 306 partidos no fútbol español, divididos en 123 en Primeira, 88 en Segunda, 72 en Segunda B, 19 en Copa do Rei e 4 en playoff de ascenso a Segunda. A súa cifra goleadora alcanza os 85 tantos: 37 en Primeira, 19 en Segunda, 24 en Segunda B, 3 en Copa do Rei e 2 en playoff.

Máis novas de: MIKU