RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B achégase ao grupo de cabeza co seu triunfo ante o Victoria FC de Santiago

O Deportivo ABANCA B gañou en Abegondo (4-0) ao Victoria FC de Santiago, en partido correspondente á 11ª xornada en Primeira Nacional.

Marta Méndez, Noela, Paula Monteagudo e Marta Rico foron as goleadoras branquiazuis nun partido marcado polas adversas condicións metereológicas: choiva, vento e frío.

Con este resultado, o Dépor ABANCA B suma 20 puntos e achégase ao grupo de cabeza da táboa, integrado por PM Friol, Viajes InterRías FF e Sárdoma CF.

Deportivo ABANCA B: Reigosa, María Calvo, Paula Novo, Ansede, Uxía, Marta Rico, Noela, Paula Monteagudo, Tati, Elena López 'Cusi' e Marta Méndez. Tamén xogaron: Laura Otero, Laura Testa, Trillo, Eva Santamaría e Laura Otero.

A próxima fin de semana toca derbi coruñés coa visita do equipo branquiazul que prepara Kevin Cabado ao Victoria CF.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Viajes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 0
Versalles CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 0 - CD Olímpico de León 1
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Trillo, Tati e Ansede) - SD Villestro 0
UD Mos 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 0 - Sárdoma CF 1
PM Friol 4 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 3 (Paula Monteagudo, Noela e Laura Otero) - Oviedo Moderno CF B 1
Gijón FF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Trillo)
Deportivo ABANCA B 4 (Marta Méndez, Noela, Paula Monteagudo e Marta Rico) - Victoria FC 0