RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B quedou sen tempo para dobregar a resistencia do CDE Racing Féminas

Un gran arreón final, con oito saques de esquina nos últimos dez minutos, non foi suficiente ao Deportivo ABANCA B para dobregar a resistencia do CDE Racing Féminas (2-2), en partido correspondente á 5ª xornada da segunda fase, grupo 1C, de Primeira Nacional.

Aroa Guerra e Laura Testa foron as goleadoras branquiazuis dun entretido partido disputado en Abegondo.

As cántabras plantaron cara e iso que o Deportivo ABANCA B puido contar con varias futbolistas que foron convocadas onte co primeiro equipo para o partido da Primera Iberdrola e que non chegaron a xogar onte fronte ao RCD Espanyol ou saltaron ao céspede só uns segundos: Patri López, Carlota, Tati e María Figueroa.

Con este marcador, o equipo que prepara Kevin Cabado é quinto na táboa con 37 puntos (coeficiente 1,6667), xa sen opcións de alcanzar unha das dúas primeiras prazas.

Dépor ABANCA B: Nuria Gómez, Aroa González, Sara Álvarez, Paula Novo, Uxía Cabada, María Figueroa, Nuria Torres, Tati, Carlota, Patri López e Aroa Guerra. Tamén xogaron: Laura Testa, Navia, Andrea Ansede, Lara e María Calvo.

En quince días, o Dépor ABANCA B concluirá a temporada en Xixón fronte ao Gijón FF.

Os resultados do Deportivo ABANCA B nesta segunda fase son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 5 (Patri López -3-, Carlota e Eva Santamaría) - Oviedo Moderno CF B
CDE Racing Féminas 5 - Deportivo ABANCA B 2 (Eva Santamaría e Navia)
Deportivo ABANCA B 2 (Sara Álvarez e Aroa Guerra) - Gijón FF 2
Oviedo Moderno CF B 3 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 2 (Aroa Guerra e Laura Testa) - CDE Racing Féminas 2