RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B saca un punto en Avilés a pesar de xogar con dez desde o minuto 34

O Deportivo ABANCA B sacou un punto da súa visita ao Versalles CF (1-1) a pesar de xogar desde o minuto 34 con dez xogadoras por expulsión rigorosa de Aroa González por dobre cartón amarelo. O choque corresponde á 3ª xornada no grupo 1º de Primeira Nacional.

A pesar desta adversa circunstancia, o equipo que dirixe Kevin Cabado foi capaz de empatar o encontro grazas a un gol de Marta Rico e dispuxo das mellores oportunidades mesmo para levar o tres puntos.

Con este marcador, o Deportivo ABANCA B suma 5 puntos e instálase no grupo de cabeza.

Deportivo ABANCA B: Martina, Aroa González, Paula Novo, María Calvo, Elena López 'Cusi', Marta Rico, Paula Monteagudo, Noela, Tati, Laura Testa e Aroa Guerra. Tamén xogaron: Laura Otero, Ansede, Trillo e Marta Méndez.

A próxima semana haberá parón ligueiro. O seguinte partido do Dépor ABANCA B en liga será en Abegondo ante o Olímpico de León, o sábado 2 ou domingo 3 de outubro.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B foron os seguintes:

Viaxes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 0
Versalles CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Marta Rico)