RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B salda cun empate sen goles o seu único compromiso de pretemporada

O Deportivo ABANCA B saldou cun empate (0-0) o seu único test desta pretemporada, en Mos ante o conxunto local.

Kevin Cabado, técnico deportivista, aliñou de inicio a: Nuria Gómez, Paula, Sara Álvarez, Alejandra 'Ale', Rivas, Nuria Torres, María Figueroa, Lara, Tati, Aroa e Navia. Tamén xogaron: Reigosa, Bermúdez, Marta Méndez, Laura Deus e María Calvo.

Próxima cita, a liga o sábado 17 fronte ao Umia CF

O Deportivo ABANCA B arrinca a competición ligueira no grupo 1º, subgrupo A, de Primeira Nacional o sábado 17 de outubro ás 17:00 en Abegondo (campo 5) ante o Umia CF.

Os 3 primeiros accederán á Segunda Fase para o título de Campión de Grupo e Acceso á Fase de Ascenso mentres que os clasificados nas restantes posicións accederán á Segunda Fase pola Permanencia en Primeira División Nacional.

Os puntos obtidos, así como os goles, tanto a favor como en contra, arrastraranse á seguinte fase. Como o grupo 1º é de 17 equipos, calcularase o coeficiente, sendo este mesmo o que se arrastre ás fases específicas.