RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor deixa deberes pendentes para o desenlace da temporada (0-0)

Coñecendo xa os resultados dos seus rivais pola permanencia e coa obrigación de gañar para recuperar o liderado e manter a distancia co terceiro posto, o Dépor afrontaba a súa visita ao Municipal de Miramar en Luanco con só un cambio, Salva Ruiz por Héctor Hernández, no costado esquerdo da zaga branquiazul.

A primeira parte apenas tivo historia, polo menos en canto a ocasións claras de gol, xa que o Dépor pechouna sen disparar entre o tres paus salvo na primeira chegada no minuto 13, un afastado centro chute do propio Salva que obrigou a intervir a Grana case apoiándose no traveseiro. Tamén Salva estivo involucrado noutra das xogadas destacadas do primeiro tempo, o encontrón con Morilla que entrou ao corte e impactou contra o xeonllo do valenciano sufrindo un importante golpe na cara que lle obrigou a abandonar o campo e o propio estadio para ser atendido nun centro hospitalario dunha fractura de mandíbula.

No minuto 20 o equipo local tivo a primeira clara, finalmente a máis destacada do partido, na que Lucho salvou o man a man con Enol após o autopase do futbolista local. Lara fóra após mal despexe de Grana por presión de Keko e a falta colgada polo propio Keko que Borges rematou alto, completaron o tres achegamentos visitantes nunha primeira metade que pechou o equipo local, a 10 minutos do descanso, cunha falta colgada por Guaya que Lucho sacou de puños.

Quixo sacudir o partido Rubén de la Barrera con dous cambios no descanso, dando entrada a Raí e Héctor por Celso e Salva Ruiz. Co que non contaba era coa terceira rotación, dous minutos após a continuación, porque Keko tivo que deixar o campo lesionado para deixar o seu sitio a Rayco. O segundo tempo foi practicamente un monólogo do Dépor en canto a posesión de balón, pero coa mesma nula mordente nos metros finais que nos 45 minutos inaugurais. Só Raí no 66 alto após pase de Rayco; e Villares, de cabeza desde o punto de penalti a centro de Eneko obrigando a voar a Grana, fixeron que os afeccionados deportivistas soñasen con poder romper as táboas no marcador. Máis escaso foi, se cabe, a bagaxe ofensiva do Mariño de Luanco cun disparo de Lora de volea moi desviado. O resto das chegadas do Dépor diluíronse en centros liquidados pola defensa cara a saque de esquina ou afastando o perigo da área.

Agora o Deportivo deberá esperar ao que fagan os seus dous rivais directos na loita pola permanencia, Racing de Ferrol e Numancia, que xogan entre si antes de que os branquiazuis reciban en ABANCA-RIAZOR á UP de Langreo.

Marino de Luanco: Grana, Borja Alvarez, Orviz (Prendes, min. 79), Morilla (Borja Rodríguez, min. 19), Trabanco, Guaya, Lora, Miguel Prado, Álex Arias, Luis Morán (Nino, min. 79) e Enol (Chiqui, min. 69).

Deportivo: Lucho, Bóveda, Mujaid, Granero, Salva Ruiz (Héctor Hernández, min. 46), Álex, Borges (Raí, min. 46), Villares, Keko (Rayco, min. 47) Miku e Lara (Adri Castro, min. 80).

Árbitro: Sesma Espinosa (c. rioxano). Amoestou a Villares (min. 10), Salva (min. 16) e Guaya (min. 29).

Incidencias: partido da 4ª xornada da segunda fase, Grupo 1D, da Segunda División B disputado no Municipal de Miramar ante 300 espectadores.