RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor e a SD Ponferradina acordan o traspaso de Lucho García

O Real Club Deportivo, a SD Ponferradina e Luis Alberto "Lucho" García Pacheco (Barranquilla, Colombia, 20 de marzo de 1998) chegaron a un acordo para o traspaso do gardameta colombiano ao conxunto berciano. O porteiro branquiazul chegara ao Dépor a pasada temporada procedente do Sevilla FC. Esta campaña xogou 10 partidos de liga e 2 de Copa do Rei defendendo a portería Deportivista.

O Real Club Deportivo quere agradecer sinceramente a Lucho a súa achega, implicación e traballo diario durante a súa etapa no Club, desexándolle os maiores éxitos no seu novo proxecto profesional en LaLiga.