RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor mételle unha marcha máis á pretemporada en Vilalba

O clásico partido inaugural de cada pretemporada volveu selo, nesta ocasión pola suspensión do pasado mércores do Dépor-Estradense, aínda que, por primeira vez, o Racing Villalbés - Deportivo xogouse no outono en lugar de no verán.

Con todos os xogadores dispoñibles viaxou o Deportivo até A Magdalena para poder configurar dous onces distintos en cada parte dun encontro que foi gañando ritmo co paso dos minutos. Nos primeiros 45 primou o control do xogo, os axustes tácticos e a procura da profundidade por bandas. A boa disposición defensiva dos locais e a súa enteireza fixo que poucas xogadas acabasen sumando ocasión para o Dépor. Foron nesta parte máis claras as do Racing Villalbés que, a través de Dani Pedrosa, fixo traballar nun par de oportunidades a Carlos Abad, ademais dun remate de cabeza que se lle marchou desviado da escadra por pouco.

Na segunda metade cambiou o panorama para o Dépor conseguindo materializar parte do que, como corresponde a un encontro deste tipo, estaba a probarse sobre o campo. Abriu a lata Jose Lara cun bo disparo cruzado raso, anotando o primeiro gol do ano para os branquiazuis. O segundo tanto foi obra de Adri Castro, gañando o salto á saída dun corner para abrir distancias no marcador. Tamén a balón parado, pero co selo persoal dunha falta directa, tocada con clase e intención por Celso Borges, púxose o 0-3 definitivo no marcador dun campo da Magdalena que volveu recibir, con frío climatolóxico, pero calor deportivista, unha nova estrea do Dépor que puido meter o cuarto tamén grazas ao tico, que acabou estrelando o balón no pau.

Racing Villalbés: Javi Pita (Rumbo, min. 46), Diego López (Marino, min. 46), David Buyo, David Pérez, Bruno Caballero, Javi Varela (Anxo, min.65), Jose Varela (David, min. 46), Make (Rares, min. 65), Santi Gegunde (Aitor, min. 46), Dani Pedrosa (Cuadrado, min. 46) e Ángel Casanova (Sandá, min. 46).

Deportivo: Carlos Abad (Alberto Sánchez, min. 46), Valín (Eneko Bóveda, min. 46), Juan Rodríguez (Mujaid, min. 46), Álex Bergantiños (Borja Granero, min. 46), Héctor Hernández (Salva Ruiz, min. 46), Queijeiro (Borges, min. 46), Sanma (Keko Gontán, min. 46), Gandoy, Nacho González (Miku, min. 61), Rui Costa (Lara, min. 46) e Adri Castro.

Goles: 0-1 Lara (min. 60); 0-2 Adri Castro (min. 65); 0-3 Celso Borges (min. 77)

Árbitro: López Fernández (C. lucense). Sen amoestacións

Incidencias: primeiro partido de pretemporada do Dépor 2020-2021, ante 300 espectadores na Magdalena con aforamento reducido. Nos prolegómenos, Paco Roca, presidente da Peña de Vilalba, decana das peñas Deportivistas, entregou a Álex Bergantiños o 15ª Trofeo O Bo.