RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Deportivo ABANCA B frea ao líder, Viajes InterRías FF

O Deportivo ABANCA B freou (3-3) en Abegondo ao líder do grupo 1º de Primeira Nacional, o Viajes InterRías FF, en partido correspondente á 17ª xornada.

Nuria Torres puxo en clara vantaxe ao equipo deportivista con 2 goles nos primeiros 7 minutos de xogo. Pero o Viajes InterRías FF lanzouse a pola meta de Jessica e logrou darlle a volta ao encontro antes do descanso, principalmente a base de balóns longos ás costas da defensa do Dépor ABANCA B.

Na segunda metade, o equipo pontevedrés quedou con 10 por expulsión xusta de Machado, por agresión a Nuria; e as xogadoras que dirixe Kevin Cabado aproveitaron a circunstancia para, polo menos, igualar o partido grazas a un tanto de María Calvo. O partido era de cor branquiazul, pero faltou acerto para lograr o gol do triunfo.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA B é 4º na táboa con 33 puntos, os mesmos que o Victoria FC, 3º.

Deportivo ABANCA B: Jessica, Sara Álvarez, Nuria, Laura Rivas, Lara, Antía, Alba Suárez, Patri López, Patri Díaz, Carlota e Navia. Tamén xogaron: María Calvo, Aroa, Ainhoa e Bermúdez.

A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA B visita ao Oviedo Moderno CF B.

Os resultados até a data do equipo que prepara Kevin Cabado son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 6 (Carlota -2-, Aroa, Patri López, Patri Díaz e Ainhoa) - CD Valladares 1
Sárdoma CF 2 - Deportivo ABANCA B 3 (Patri López, Navia e Sara Piñeiro)
Deportivo ABANCA B 8 (Patri López -2-, Alba Suárez, Bermúdez, Sara Álvarez, Navia, Sara Piñeiro e Lucía) - CD Oceja 0
Viajes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Patri López)
Deportivo ABANCA B 2 (Nuria Torres e Alba Suárez) - Oviedo Moderno CF B 0
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 1 (Aroa) - CD Monte 0
Gijón FF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Sara Álvarez)
Deportivo ABANCA B 3 (Patri López, Sara Álvarez e Aroa) - Atlético Arousana 1
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Patri López e Alba Suárez)
CDE Racing Féminas B 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Aroa)
Deportivo ABANCA B 4 (Patri López, Carlota e Navia -2-) - Sporting de Gijón B 0
Victoria FC 1 - Deportivo ABANCA B 0
CD Valladares 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Nuria Torres)
Deportivo ABANCA B 3 (Patri Díaz -2- e unha futbolista rival en propia meta) - Sárdoma CF 0
CD Oceja 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 3 (Nuria Torres -2- e María Calvo) - Viajes InterRías FF 3