RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Deportivo ABANCA B rompe a imbatibilidade do líder CD Monte

Un sólido Deportivo ABANCA B rompeu en Abegondo (1-0) o refacho do CD Monte, que se presentaba ao partido como líder da categoría con 18 puntos de 18 posibles.

As branquiazuis, moi metidas no partido, foron capaces de frear ás cántabras grazas a un gol de Aroa, ao cabo definitivo.

Co resultado deste partido correspondente á 7ª xornada no grupo 1º de Primeira Nacional, o Deportivo ABANCA B é 3º na clasificación con 15 puntos.

Deportivo ABANCA B: Miralles, Sara Álvarez, Nuria Torres, Rivas, Ainhoa, Sofía, Alba Suárez, Patri López, Carlota, Navia e Aroa. Tamén xogaron: Lara, María Calvo, Michelle Clemente e Lucía.

A próxima fin de semana, o conxunto deportivista visita ao Gijón FF.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 6 (Carlota -2-, Aroa, Patri López, Patri Díaz e Ainhoa) - CD Valladares 1
Sárdoma CF 2 - Deportivo ABANCA B 3 (Patri López, Navia e Sara Piñeiro)
Deportivo ABANCA B 8 (Patri López -2-, Alba Suárez, Bermúdez, Sara Álvarez, Navia, Sara Piñeiro e Lucía) - CD Oceja 0
Viaxes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Patri López)
Deportivo ABANCA B 2 (Nuria Torres e Alba Suárez) - Oviedo Moderno CF B 0
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 1 (Aroa) - CD Monte 0