RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O DEPORTIVO ABANCA inaugura unhas xornadas de fútbol feminino en Muros

O DEPORTIVO ABANCA inaugurou esta mañá no salón de plenos do Concello de Muros, en presenza da alcaldesa María Xosé Alfonso Torres, unhas xornadas de fútbol feminino que terán lugar en varias localidades deste concello coruñés, organizadas pola Escola Deportiva Os Miudos, representada no acto por Fran Figueroa García.

Por parte deportivista estiveron presentes Manu Sánchez, técnico do DÉPOR ABANCA, Alba Rodríguez, preparadora física do equipo, e Miriam, unha das capitás.

A partir das 16:00 horas no campo Eleuterio Bayo de Muros, terá lugar a primeira sesión, que terá continuidade o vindeiro sábado 8 de xullo ás 11:00 no campo Agra de Filgueira en Louro, e o sábado 15 no campo Xosé Luís Vara de Esteiro, neste caso ás 18:00 horas.

DEPORTIVO ABANCA eríxese así en promotor e difusor do fútbol feminino en Galicia, cada vez en máis auxe.