RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Infantil Feminino arrinca a Liga Galega no grupo norte con triunfo ante o Xuventude de Crendes CF

O Orzán SD Infantil Feminino arrincou con vitoria (7-1) ante o Xuventude de Crendes CF a súa participación no grupo 1º da liga Galega. O encontro corresponde á 2ª xornada, posto que na primeira tocou descanso para as orzanistas.

Alba Monteserín, Sofía Rodríguez -2-, Alexia Freire, Irene Míguez e Lola Nieto -2-, foron as goleadoras neste partido disputado no campo Víctor Fernández Alonso da Coruña.

Orzán SD Infantil Feminino: Sofía Carregal, Noela García, Candela González, Eva Rama, Valentina Millón, Yanis Citoura, Irene Míguez, Lola Nieto, Valeria Montero, Alba Monteserín e Sofía Rodríguez. Tamén xogaron: Candela Fernández, Alexia Freire, Nuria Valea e Eva Ouro.

A próxima fin de semana, o Orzán SD Infantil Feminino visitará ao Victoria FC de Santiago.

O Orzán SD Infantil Feminino quedou encadrado no grupo 1º da liga Galega, con estes rivais iniciais: Victoria CF, SCD Pastoriza, Xuventude de Crendes CF, Victoria FC, SCD Milagrosa e ADC Obradoiro.

O formato desta parte inicial da temporada será de liga a dobre volta, cun total de 14 xornadas. O tres primeiros clasificados pelexarán polo título nunha segunda fase todos contra todos, ida e volta, co tres primeiros equipos do grupo sur. Serán outras 10 xornadas e respectarase a puntuación da fase inicial.

Os conxuntos que acaben na primeira fase entre o cuarto e o sétimo disputarán o título de Consolación pero só contra eses mesmos clasificados do grupo sur, tamén con ida e volta. En total haberá 8 xornadas e respectarase a puntuación da primeira fase.