RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O RC Deportivo e Carlos Abad acordan a rescisión do contrato que os vinculaba

O Real Club Deportivo e Carlos Javier Abad-Hernández Trujillo (Puerto de la Cruz, Tenerife, 28 de xuño de 1995) chegaron a un acordo para rescindir o contrato que os vinculaba até xuño de 2022. O porteiro canario chegara ao Dépor a pasada temporada procedente do CD Tenerife. Esta campaña xogou 14 partidos de liga defendendo a portería branquiazul.

O Real Club Deportivo quere agradecer sinceramente a Carlos Abad a súa achega e traballo diario durante a súa etapa no Club, desexándolle os maiores éxitos nos seus novos proxectos profesionais.