RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O RC Deportivo paraliza a venda de entradas á espera de coñecer a actualización de medidas sanitarias

O Real Club Deportivo decidiu parar, até novo aviso, a venda de entradas para o partido Deportivo-Salamanca do próximo domingo. A situación epidemiolóxica e as medidas máis restritivas que valoran as autoridades sanitarias obrigan ao Club a esperar acontecementos para determinar se se pode completar a venda de localidades previstas e cal será o protocolo definitivo de acceso ao Estadio.

O Real Club Deportivo, en permanente contacto e colaboración coa Xunta de Galicia, quere, con esta medida e todas as que se determinen nos próximos días, antepor a saúde a calquera consideración deportiva ou de calquera outra índole e manterá puntualmente informados a todos os seus socios e seguidores das medidas adoptadas en función de cada unha das indicacións que se reciban desde as autoridades sanitarias galegas.

Por último, o Real Club Deportivo reitera as desculpas a todos os seus socios polos inconvenientes causados polos constantes cambios na organización do partido desta fin de semana motivados pola incidencia da COVID que, como o resto de actividades sociais, está a obrigar a variacións inesperadas que condicionan e forzan a corrixir decisións xa tomadas ou as que se deberán tomar en cada momento.