RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O xuvenil B empata co Celta (1-1) e proclámase campión de Liga

Ao Xuvenil B lle valía un empate ante o RC Celta B esta tarde en Abegondo para lograr o título de campión da categoría, no último partido da segunda fase da Liga Nacional, grupo 1C de ascenso.

Os deportivistas, que superaron todas as dificultades da competición e mesmo un confinamento por COVID-19, chegaban a esta última cita con 59 puntos por 58 os célticos, segundos na táboa.

O choque acabou en igualada (1-1), fiel reflexo do sucedido no campo principal da Cidade Deportiva. Un gol en propia meta adiantaba aos célticos no minuto 48. Pero ao minuto seguinte, Martín Ochoa, o pichichi do Xuvenil B, puxo as táboas no marcador.

A partir de aquí ambos os equipos lanzáronse a polo segundo tanto; e mesmo Hugo Ríos, meta deportivista, salvou o 1-2 cunha gran parada nos instantes finais.

Juvenil B: Hugo Ríos, Nacho, Manu Berrocal, Saydiba, Mario, Rubén, Trigo, Embid, Martín Ochoa, Diego Gómez e Álex González. Tamén xogaron: Canales, Íker Méndez, Nico, Hugo Baldomar e Roque.

O Xuvenil B acaba a liga con 60 puntos, con 19 partidos gañados, 3 empatados e tan só 1 perdido. Os branquiazuis anotaron 58 goles e encaixaron unicamente 12.

Os resultados do equipo que dirixen Alejandro Antón e Aldo Duscher nesta segunda parte da temporada foron os seguintes:

Xuvenil B 3 (Diego Gómez e Hugo Baldomar -2-) - ED Val Miñor Nigrán B 0
Alondras CF 2 - Xuvenil B 0
Xuvenil B 5 (Martín Ochoa -4- e Diego Gómez) - CD Areosa 1
Coruxo FC 1 - Xuvenil B 1 (Martín Ochoa)
Xuvenil B 1 (Martín Ochoa) - RC Celta B 1