RCD / NOVAS

Óscar Gilsanz amplía a súa vinculación co Dépor até 2023 e dirixirá ao Fabril a próxima temporada

02/07/2021 18:00

O Real Club Deportivo e Óscar Manuel Gilsanz González (Betanzos, 4 de xaneiro de 1973) chegaron a un acordo para continuar vinculados as dúas próximas temporadas.

O técnico Deportivista, que vén de proclamarse campión da Copa de Campións de División de Honra Xuvenil, será o adestrador do Fabril a próxima temporada, ocupando a vacante deixada por Juan Carlos Valerón após a súa saída do Club esta semana.