RCD / NOVAS

Prezos abonos Dépor 21-22 Segunda Volta

13/12/2021 19:06

Desde hoxe, as novas altas de abono para a temporada 2021-2022 teñen novos prezos reducidos para gozar, en primeira persoa, da segunda volta do campionato, o máis emocionante do moito por vivir que nos queda neste final de 2021 (a Copa do Rei) e o primeiro semestre de 2022. Ver o que resta de campaña en Primeira RFEF terá para as novas altas de socia ou socio do Club un importante desconto sobre os prezos marcados a principio do curso.

As altas deben realizarse presencialmente, sen cita previa, na Oficina de Atención ao Deportivista (OAD) do Estadio ABANCA-RIAZOR, de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. e os días de partido vespertino, de 11:00 a 14:00 nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor.

Os novos prezos dos abonos para altas con esta promoción son os seguintes:

Para calquera dúbida ou aclaración, ademais de formulala presencialmente, os Deportivistas teñen ao seu disposción o correo: atencion.deportivista@rcdeportivo.es