RCD / NOVAS

Quiles, novo xogador do Dépor 2021-2022

12/06/2021 19:06

Alberto Quiles Piosa (Huelva, 27 de abril de 1995) converteuse en novo xogador do Real Club Deportivo para as dúas próximas temporadas.

O dianteiro andaluz procede do Recreativo de Huelva, no que xogou as tres últimas campañas. Con anterioridade, Quiles formou parte do Córdoba CF B, Córdoba CF, Marbella FC e UCAM Murcia. Nestes dous últimos, ademais de na súa primeira campaña en Huelva, estivo cedido por parte do club de El Arcángel.

Quiles acumula 175 partidos en 6 temporadas na categoría de bronce do fútbol español. O seu debut en Segunda División B produciuse en 2014 co filial cordobesista e nesta categoría asinou un total de 43 goles, sendo a pasada a súa mellor campaña anotadora, con 13 tantos en 23 encontros.

Máis novas de: QUILES