RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Reinicio sen historia no Helmántico (0-0)

O Dépor estreaba segunda volta e adestrador nun campo histórico do fútbol nacional, maltratado polas inclemencias da última semana, moi irregular en tres cuartas partes da súa superficie e conxelado nunha das súas áreas, que non ve o sol. 

A ela dirixiuse Carlos Abad no arranque para defender a portería branquiazul. Unha área que só el pisou nos cinco primeiros minutos de dominio de balón absoluto por parte do Deportivo no centro do campo pero sen atopar profundidade.

Si a achou por primeira vez o Salamanca no minuto 7 cun centro de Ernest desde o pico da área que neutralizou Álex para evitar o remate local no punto de penalti. A que abriu as aproximacións claras do Dépor chegou no 10 cun balón de Lara desde o costado ao momento de penalti no que Adri Castro adiantouse á saída de Barbero pero o balón, tocado de cabeza polo ariete, non atopou portería.

De novo Ernest conduciu o perigo charro ao centrar para Amaro, que non conseguiu conectar de cabeza só dentro da área pequena. O Dépor seguiuno tentando polos costados, fundamentalmente polo dereito nos pés de Lara, pero sen pór en aprietos ou facer intervir a Barbeiro. Si que tivo que actuar Abad nunha tripla chegada do Salamanca en falta lanzada desde case o centro do campo e que acabou en gol anulado aos locais por fóra de xogo.

Aos 30 minutos de partido chegou a boa do primeiro tempo para o Dépor: un pase en profundidade de Borja Galán para Adri Castro que a estrelou no porteiro. O rexeite, sen gardameta pero con dous defensas, caeu nos pés de Lara que a deixou de tacón para a chegada dun compañeiro, neutralizada pola defensa.

Dous centros á área marcaron as ocasións do cuarto de hora final do primeiro tempo: o de Gandoy de falta lanzada desde o lateral que non atopou rematador e un centro chute de Candelas que acabou na parte superior da rede da portería do Dépor.

Empezou con forza o Salamanca a segunda metade con dúas chegadas consecutivas. Os disparos desde a frontal de Ayala e Javi Navas acabaron nas mans de Abad e a escasos centímetros do traveseiro respectivamente. Foi todo o que houbo até completar a primeira hora de xogo. E foi de novo o equipo local o que espertou aos espectadores do partido cun lanzamento directo de falta de Sergio Molina que o porteiro branquiazul sacouna de encima como puido sobre a liña de meta.

A primeira chegada deportivista tivo que esperar ao 65 cunha recuperación de Adri Castro que o propio dianteiro coruñés rematou tímida desde a frontal a mans de Barbeiro.

Cun balón interior de Rui Costa para Salva Ruiz que este non puido conectar pola falta de adherencia dentro da área, completouse o par de chegadas do Dépor na segunda parte. Insuficientes todas as ocasións branquiazuis durante o partido para anotar un tanto, ben resoltas as chegadas locais por parte do porteiro deportivista, o reinicio non podía acabar doutro xeito que co marcador a cero en ambos os marcadores.

Salamanca CF UDS: Barbero, Anderson, Casado, Ayala, Candelas, Molina, Llorente (Telles, min. 80), Amaro, Navas, Uxío (Puma Chávez, min. 71) e Ernest

RC Deportivo: Carlos Abad, Valín, Mujaid, Granero, Salva Ruiz, Álex, Gandoy (Derik, min. 68), Borges, Lara, Adri Castro (Nacho, min. 78) e Borja Galán (Rui Costa, min. 68)

Árbitro: García Riesgo (c. Asturiano) Amoestou aBorja Granero (min. 39), Sergio Molina (min. 40), Salva Ruiz y Álex (min. 62) e Javi Navas (min. 80)

Incidencias: partido da 10ª xornada do Grupo I Subgrupo A de a Segunda División B disputado no Estadio Helmántico con aforo reducido a 2.000 espectadores.