Foron varios os futbolistas do Deportivo que tiveron que descansar
esta mañá e que, por tanto, non se adestraron co resto na Cidade
Deportiva de Abegondo "O Mundo do Fútbol". Concretamente Luque, Tristán,
Djalminha, Pandiani e Pablo Amo traballaron á marxe do grupo. Deles, o doutor César Cobián aclarou que Djalminha sofre unha lixeira
dor nas costas e Tristán "ten un golpe nun pé do pasado domingo. Esta mañá
só fixo carreira e pola tarde esperemos que os dous xa estean co
grupo". Respecto de Pandiani, que ten unhas molestias na rótula, "ao longo do
día de hoxe faráselle unha resonancia magnética e a partir de aí
comunicaremos os resultados e decidiremos o tratamento para aliviar esas
dores", explicou Cobián, quen asegurou non estar preocupado por esta lesión do
dianteiro internacional uruguaio.
canaldeportivo, A Coruña22/01/2004 13:04
Luque, nun salto durante o adestramento, fíxose unha contractura
lumbar. "Todo o mundo seguro que a padeceu algunha vez. Quedas bloqueado nas
costas. Estáselle tratando con antiinflamatorios e analxésicos para tratar
de reducila. Imos ver como está mañá pero confiamos en que se poida
recuperar para o domingo", manifestou César Cobián, quen tamén se referiu a Pablo
Amo, do que espera que pronto volva aos adestramentos, "aínda que a
zona que ten lesionada, o xemelgo, é unha zona que hai que tratar con precaución
para evitar recaidas posteriores".
Romeu e Pandiani, ambos cunha gastroenterite, non se exercitaron hoxe
en 'O Mundo do Fútbol' no primeiro adestramento da semana previa ao partido
do domingo (17.00 horas) no Sardinero ante o Real Racing Club. Scaloni, con algo
de gripe, tamén fixo un adestramento máis lixeiro que o resto dos seus
compañeiros.
Os deportivistas Walter Pandiani e Lionel Scaloni foron convocados polas súas respectivas seleccións nacionais para o Arxentina - Uruguai do próximo 9 de outubro en Buenos Aires.
Os uruguaios Munúa e Pandiani foron convocados pola súa selección para
disputar un amigable o próximo 28 de abril, nun escenario e ante un rival aínda
por determinar.