RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

O primeiro derbi galego da temporada, que protagonizaron hoxe domingo 12 de novembro en Abegondo o Xuvenil A de Rubén Coméndez e o Celta A de División de Honra, foi o partido estrela desta fin de semana en #ANOSACANTEIRA. O encontro foi para o Dépor (4-2), que culminou unha espectacular remontada despois de que o Celta se puxese por diante (0-2) case no minuto 40 de partido.

En Segunda División B, o Fabril de Gustavo Munúa visitou esta mañá á Unión Adarve madrileño. Caeron os fabrilistas (3-0), ante un rival que aproveita ao máximo as condicións do seu terreo de xogo: reducidas dimensións e herba artificial.

Hoxe domingo, ademais do Xuvenil A e Fabril, competiron o Cadete B (1-1) en Carballo, o Infantil B (4-4) en Elviña, e o Alevín B (triunfo 0-6) en A Torre.

Onte sábado xogaron en Abegondo o Xuvenil B (6-1) e Cadete A (5-0), en dobre duelo contra o Victoria.

E fóra de casa fixérono o Deportivo ABANCA B (empate a 0-0 en O Val), Infantil A (vitoria 0-2 en Carballo), e os dous equipos benxamíns (triunfos por 10-0 o A e 6-1 o B) en A Torre.

Esta fin de semana descansou o Alevín A.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
14ª xornada: UNIÓN ADARVE 3 - FABRIL 0

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 10ª xornada: O VAL 0 - DEPORTIVO ABANCA B 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 12ª xornada: XUVENIL A 4 (Pedro -2- e futbolistas rivais en propia meta -2-) - CELTA A 2

Liga Nacional, 11ª xornada: XUVENIL B 6 (Barbeito, Kilian -2-, Rojo -2- e Paulo) - VICTORIA 1

Categoría cadete
División de Honra, 11ª xornada: CADETE A 5 (Juanma, Pol, Portas, Do Carmo e Concheiro) - VICTORIA 0

Liga Galega, grupo 1º, 11ª xornada: BERGANTIÑOS B 1 - CADETE B 1 (Bocija)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 11ª xornada: BERGANTIÑOS 0 - INFANTIL A 2 (Hugo Baldomar e Roque)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 13ª xornada: COMPAÑÍA DE MARÍA 4 - INFANTIL B 4 (Barral, Mardones, Ayana e Carballo)

Categoría alevín
Segunda, grupo 1º, 5ª xornada: ORZÁN A 0 - ALEVÍN B 6 (Bruno -2-, Álex, Xenxo, Dani e Eli)

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º, 5ª xornada: ATLÉTICO LOS CASTROS 0 - BENXAMÍN A 10 (Janusz -2-, Eder -2-, Leandro -2-, Íker, Anxo, Mosquera e Pablo)

Segunda Comarcal A Coruña, 5ª xornada: BENXAMÍN B 6 (Nico -2-, Uxío -2-, Ioan e Paulo) - CALASANZ C 1