RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

Resultados das votacións da Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas

Esta tarde celebrouse, en segunda convocatoria, a Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas do Real Club Deportivo da Coruña, SAD (Capital social: 10.292.425,50 euros, Número de accións: 171.255) con estes resultados:

Accionistas presentes: 184
Accións propias: 4.357 accións, 261.855,70 euros (2,54416 %)
Accionistas representados: 2.861
Accións representadas: 68.970 accións, 4.145.097,00 euros (40,27328 %)
Accionistas presentes máis representados: 3.045
Accións presentes e representadas: 73.327
Total capital presente e representado: 4.406.952,70 euros (42,81744 %)

Primeiro.- Aumento do Capital Social mediante compensación de créditos líquidos, vencidos e exixibles por importe de CATRO MILLÓNS NOVECENTOS NOVENTA E NOVE MIL NOVECENTOS CINCUENTA E NOVE EUROS E CORENTA CÉNTIMOS (4.999.959,40,-€), mediante a emisión de OITENTA E TRES MIL CENTO NOVENTA E CATRO (83.194) novas accións, no 171.256 a 254.449, ambas inclusive, de 60,10 euros de valor nominal, da mesma clase e serie que as actuais. A contía da ampliación correspóndese co importe exactamente convertible en accións do préstamo participativo concedido por Abanca Corporación Bancaria, S.A. a favor da Sociedade, subscrito por esta con carácter urxente con data 2 de xaneiro de 2020, a fin de incrementar o seu tope salarial para asegurar a súa supervivencia económica e deportiva. Consecuente modificación dos artigos 5 e 6 dos Estatutos Sociais relativos á cifra do capital social e ao número de accións que o conforman. Creación e emisión de novas accións, todas elas da mesma clase, con idéntico valor nominal ás existentes e que outorgan ao seu titular os mesmos dereitos políticos e económicos. Fixación das condicións de subscrición e desembolso. Delegación de facultades no órgano de administración para, no seu caso, executar de forma inmediata e independente do resto de puntos da orde do día, o acordo de ampliación de capital adoptado.

Si: 71.058 (96,9056 %)
Non: 1.532 (2,0893 %)
Abs: 737 (1,0051 %)

Segundo.- Aumento do Capital Social mediante compensación de créditos líquidos, vencidos e exixibles por importe de TRINTA MILLÓNS CINCUENTA E SEIS EUROS E NOVENTA CÉNTIMOS (30.000.056,90€), mediante a emisión de CATROCENTAS NOVENTA E NOVE MIL CENTO SESENTA E NOVE (499.169) novas accións, no 254.450 a 753.618, ambas inclusive, de 60,10€ de valor nominal, da mesma clase e serie que as actuais. A contía da ampliación coincide con parte do importe a que ascende o préstamo no 0000-100493-9 concedido por Abanca Corporación Bancaria, S.A. cun saldo pendente total actual de CORENTA E DOUS MILLÓNS SETECENTOS CINCUENTA MIL EUROS (42.750.000€). Consecuente modificación dos artigos 5 e 6 dos Estatutos Sociais relativos á cifra do capital social e ao número de accións que o conforman. Creación e emisión de novas accións, todas elas da mesma clase, con idéntico valor nominal ás existentes e que outorgan ao seu titular os mesmos dereitos políticos e económicos. Fixación das condicións de subscrición e desembolso. Delegación de facultades no órgano de administración para, no seu caso, executar de forma inmediata e independente do resto de puntos da orde do día, o acordo de ampliación de capital adoptado.

Si: 70.893 (96,6806 %)
Non: 1.754 (2,3920 %)
Abs: 680 (0,9274 %)

Terceiro.- Aumento do capital social mediante achega dineraria dirixida a todos os accionistas do Real Club Deportivo de La Coruña, SAD, con tres fases diferentes e até un importe máximo de TRINTA E CINCO MILLÓNS DEZASEIS EUROS E TRINTA CÉNTIMOS (35.000.016,30€), cifra idéntica ao importe total das dúas ampliacións de capital mediante compensación de créditos previstas nos puntos primeiro e segundo anteriores, mediante a emisión de até un total de 582.363 novas accións, números 753.619 ao 1.335.981, ambos inclusive, do mesmo valor nominal e da mesma clase e serie que as actuais. Consecuente modificación dos artigos 5 e 6 dos Estatutos Sociais que fan referencia á cifra do capital social e ao número de accións que o conforman. Posibilidade de subscrición incompleta. Creación e emisión de novas accións, todas elas da mesma clase, con idéntico valor nominal ás existentes e que outorgan ao seu titular os mesmos dereitos políticos e económicos. Fixación das condicións de subscrición e desembolso. Delegación de facultades no órgano de administración para executar o acordo de ampliación de capital, no seu caso, adoptado de forma inmediata á súa execución.

Si: 71.079 (96,9343 %)
Non: 1.569 (2,1397 %)
Abs: 679 (0,9260 %)

Cuarto.- Delegación de facultades ao órgano de administración para executar os acordos adoptados.

Si: 69.156 (94,3118 %)
Non: 849 (1,1578 %)
Abs: 3.322 (4,5304 %)

E1.- Aprobación do cesamento de D. Miguel Otero Santín como membro do Consello de Administración do Real Club Deportivo da Coruña, SAD con efectos do día de hoxe.

Si: 60.286 (82,2153 %)
Non: 1.593 (2,1725 %)
Abs: 11.448 (15,6123 %)