RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados de #ANOSACANTEIRA do 6 e 7 de maio

O Fabril proclamouse hoxe domingo nas Pontes campéon de liga da Terceira División. Desta forma, o filial deportivista sitúase a unha soa eliminatoria do ascenso a Segunda División B, que terá lugar cando acabe a liga, cun campión doutro grupo como rival.

Co de hoxe de Terceira División, son oito os títulos para #ANOSACANTEIRA esta temporada, tras os logrados anteriormente polo Infantil A (grupo 1º da Liga Galega), Infantil B (Primeira División Autonómica, grupo 1), Alevín A (Primeira Comarcal A Coruña e grupo norte do Trofeo Luis Calvo de fútbol once), Alevín B (Segunda Comarcal A Coruña), Benxamín A (Primeira Comarcal A Coruña) e Benxamín B (Segunda Comarcal A Coruña).

Acabaron a competición o Deportivo Abanca B (Primeira División Autonómica), en sexta praza despois dunha clara traxectoria ascendente; e o Infantil B (Primeira División Autonómica), este xa campión de liga desde fai varias xornadas.

O Xuvenil A segue disputando amigables de preparación cara á Copa do Rei. O terceiro foi onte sábado en Mareo ante o Sporting de Gijón (4-2), subcampión de liga, que tamén ultima a súa participación copeira.

Xogaron, e gañaron, na cidade deportiva onte sábado o Xuvenil B (2-0) e o Cadete A (2-1).

Finalmente, o Alevín A gañou a Fase local da Danone Cup (en Abegondo co Deportivo como organizador); e o Benxamín B foi brillante campión do Torneo de Cerceda.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
AS PONTES 1 - FABRIL 2 (Óscar e Jardel)

Categoría feminina
Primeira División Autonómica: MILAGROSA 1 - DEPORTIVO ABANCA B 3 (Raña, Michelle e Cape)

Categoría xuvenil
Amigable: SPORTING DE GIJÓN 4 - XUVENIL A 2 (Gandoy e Pedro)

Liga Nacional: XUVENIL B 2 (Kilian e Rivera) - COMPOSTELA 0

Categoría cadete
División de Honra: CADETE A 2 (Pichu -2-) - VAL MIÑOR NIGRÁN 1

Liga Galega, grupo 1º: RACING VILLALBÉS 1 - CADETE B 2 (Docarmo e Fito)

Categoría infantil
Amigable, xogado o pasado mércores: INFANTIL A 4 (Mauro, Padín e Jairo -2-) - VIVEIRO (cadete) 4
Liga Galega, grupo 1º: BERGANTIÑOS 0 - INFANTIL A 2 (Noel e Álvaro)

Primeira Autonómica, grupo 1º: ORILLAMAR 2 - INFANTIL B 4 (Iván -2- e Hugo Baldomar -2-)

Categoría alevín
Segunda Fase, grupo 1º: ALEVÍN B 2 (Lucas e Adrián Guerrero) - CALASANZ C 0

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña: SPORTING CAMBRE A 0 - BENXAMÍN A 12 (Pablo Fernández -2-, Jairo -2-, Bruno -2-, Pablo Vázquez, Álex, Eli, Erick, Montes e David)