RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados e calendario de #ANOSACANTEIRA do 29 e 30 de abril, con dous novos títulos branquiazuis

#ANOSACANTEIRA sumou dous novos títulos ligueiros hoxe sábado 29 de abril. O Infantil A derrotou ao Racing de Ferrol (8-0) e, a falta aínda de catro partidos, proclamouse campión do grupo norte da Liga Galega.

Pola súa banda, o Benxamín A, a falta dunha xornada ligueira, é desde hoxe sábado campión da Primeira Comarcal A Coruña tras derrotar ao Victoria A (9-1).

Con estes dous son sete os títulos para a canteira deportivista esta temporada, tras os logrados anteriormente polo Infantil B (Primeira División Autonómica, grupo 1), Alevín A (Primeira Comarcal A Coruña e grupo norte do Trofeo Luis Calvo de fútbol once), Alevín B (Segunda Comarcal A Coruña) e Benjamín B (Segunda Comarcal A Coruña).

Mañá domingo, o Fabril cambia de horario para o seu partido en Abegondo, para evitar coincidir co Deportivo en Pamplona. Así, das 12:00 (horario habitual) de mañá domingo 30 de abril pasa ás 17:00 horas, co CD Castro como rival.

Como é habitual, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Cristóbal Parralo citou a todo o seu cadro; aínda que conta coas baixas de Nacho Monsalve, convocado co primeiro equipo; e Carlos López e Naveira, lesionados.

Pola súa banda, Xuvenil B, Cadete A, Cadete B e Infantil A retornaron á competición tras o parón de Semana Santa, cun cuádruplo enfrontamento ante o Racing de Ferrol hoxe sábado 29 de abril.

Os dous primeiros (Xuvenil B e Cadete A) xogaron en Ferrol e os dous últimos (Cadete B e Infantil A) en Abegondo. O balance foi moi positivo, con tres vitorias e un empate.

Pola súa banda, o Xuvenil A celebrou esta semana dous partidos amigables para preparar a eliminatoria de oitavos de final da Copa do Rei ante Osasuna, cuxa ida se xogará o domingo 14 de maio en Abegondo e a volta, o 21 en campo osasunista.

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Terceira División
FABRIL - CASTRO, o domingo 30 de abril ás 17:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira División Autonómica: DEPORTIVO ABANCA B - UMIA, o domingo 30 de abril ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Categoría xuvenil
Amigable, xogado o pasado xoves: XUVENIL A 1 (Aarón) - SILVA (Terceira División) 1
Amigable: XUVENIL A 2 (Ortuño e Sito) - LUGO A 0

Liga Nacional: RACING DE FERROL 0 - XUVENIL B 2 (Rivera -2-)

Categoría cadete
División de Honra: RACING DE FERROL 2 - CADETE A 2 (Mario e Raúl)

Liga Galega, grupo 1º: CADETE B 1 (Concheiro) - RACING DE FERROL 0

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º: INFANTIL A 8 (Fika, Jairo, Padín, Noel -3-, Nils e Trilli) - RACING DE FERROL 0

Primeira Autonómica, grupo 1º: INFANTIL B 11 (Hugo Baldomar -2-, Quique -2-, Trigo -2-, Álex -2- e Roque -3-) - VICTORIA B 1

Categoría alevín
Xogado o pasado xoves: GALICIA CARANZA 0 - ALEVÍN A 9 (Meki -4-, Carballo -3-, Dani Ferrol e Domínguez)

Segunda Fase, grupo 1º: VICTORIA C - ALEVÍN B, o domingo 30 de abril ás 11:00 na Torre 2

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña: BENXAMÍN A 9 (Eli -3-, Erick -2-, Bruno, David, Jairo e Dani) - VICTORIA A 1

Copa AFAC, terceira xornada: BENXAMÍN B 3 (Nico e Eder -2-) - URAL C 0