RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Victoria sobre a bucina do Dépor ABANCA B en Xixón

Un gol de Trillo no minuto 93 deu o triunfo do Deportivo ABANCA B ante o Gijón FF (1-2) en partido correspondente á 10ª xornada no grupo 1º de Primeira Nacional.

As xixonesas adiantáronse no marcador pero Noela empatou e no desconto chegou o tanto da vitoria deportivista nun campo impracticable pola choiva caída.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA B é quinto na táboa con 17 puntos.

Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Aroa González, Paula Novo, María Calvo, Elena López 'Cusi', Marta Rico, Carmen Carballada, Noela, Paula Monteagudo, Tati e Marta Méndez. Tamén xogaron: Ansede, Laura Otero, Uxía Cabada e Trillo.

A próxima fin de semana, o equipo que dirixe Kevin Cabado recibe en Abegondo ao Victoria FC de Santiago.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B foron os seguintes:

Viajes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 0
Versalles CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 0 - CD Olímpico de León 1
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Trillo, Tati e Ansede) - SD Villestro 0
UD Mos 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 0 - Sárdoma CF 1
PM Friol 4 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 3 (Paula Monteagudo, Noela e Laura Otero) - Oviedo Moderno CF B 1
Gijón FF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Trillo)