RCD / NOVAS

Yago Gandoy renova o seu compromiso co Dépor

09/09/2020 12:00

Yago Gandoy Martínez (A Coruña, 13 de abril de 1999), renovou o seu compromiso co Dépor para as tres próximas temporadas.

Xogador de #anosacanteira desde Alevíns, foi compoñente do equipo que alcanzou os cuartos de final do Campionato Nacional Interclubes Alevín de Fútbol 7 en 2011, nunha edición xogada no Estadio Ramón de Carranza de Cádiz (campo no que acabaría debutando oficialmente co primeiro equipo) na que supuxo a mellor actuación histórica do Deportivo ata que alcanzou as semifinais en 2018.

Debutou cos nosos o 21 de setembro de 2019 no Cádiz-Deportivo (0-0) en Segunda División, xogando dous partidos máis a temporada pasada, ademais do histórico paripé fronte ao CF Fuenlabrada, en todos eles saíndo desde o banco. Ademais, foi titular a eliminatoria de Copa do Rei en campo do CF Illueca.

Co Fabril disputou 49 partidos e marcou 5 goles (25 e 1 en Segunda B, máis 24 e 4 en Terceira).

Máis novas de: YAGO GANDOY