
DÉPOR · 28 MARZO 2026
A FEDERACIÓN BELGA LIBERA A LUCAS NOUBI, QUE ESTARÁ A DISPOSICIÓN DE ANTONIO HIDALGO PARA O PARTIDO ANTE O CÓRDOBA CF
Lucas Noubi foi liberado da concentración de Bélxica Sub-21 após o acordo alcanzado entre o RC Deportivo e a Real Federación Belga de Fútbol (RBFA).Despois das conversacións mantidas entre ambas as partes, o futbolista foi desconvocado após a disputa do encontro que o combinado belga sub-21 xogou este venres 27 fronte a Austria, clasificatorio para o Campionato de Europa sub-21, no que Lucas Noubi disputou os 90 minutos.Deste xeito, o central deportivista, que ten previsto chegar este sábado 28 pola tarde á Coruña, reincorpórase á disciplina branquiazul e estará dispoñible para o próximo compromiso ligueiro ante o Córdoba CF deste martes 31 de marzo ás 20:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) en ABANCA-RIAZOR.O RC Deportivo quere agradecer a colaboración e predisposición da Federación Belga na xestión desta situación.

Medalla de prata para o Fabril FC Alevín no Torneo Internacio...

Doblete de Bil no Estadio José Zorrilla para darlle os 3 punt...

Vitoria do Orzán SD Xuvenil no único partido de ANOSACANTEIRA...

O xuvenil Nico Balbas concentrarase en Alacant coa selección ...

Resultados deste sábado 23 de maio en ANOSACANTEIRA, con subc...

Os Nosos poñen rumbo á Fan Zone de Riazor nunha noite de fest...