RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
A Fundación RC Deportivo activa a Bancada Solidaria para o Dépor ABANCA - DUX Logroño deste sábado 11 de outubro

FUNDACIÓN · 6 OUTUBRO 2025

A FUNDACIÓN RC DEPORTIVO ACTIVA A BANCADA SOLIDARIA PARA O DÉPOR ABANCA - DUX LOGROÑO DESTE SÁBADO 11 DE OUTUBRO

A Fundación RC Deportivo, de cara ao encontro do Deportivo ABANCA deste sábado 11 de outubro ás 19:00 fronte ao DUX Logroño, reactiva a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria.Para solicitar entradas, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.A data límite para poder solicitalas serán as 12.00 h. deste xoves 9 de outubro.