RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor suma en La Rosaleda ante o Málaga CF un punto que "fala do nivel de competitividade que ten o equipo"

DÉPOR · 24 AGOSTO 2026

O DÉPOR SUMA EN LA ROSALEDA ANTE O MÁLAGA CF UN PUNTO QUE "FALA DO NIVEL DE COMPETITIVIDADE QUE TEN O EQUIPO"

O Dépor estreouse como visitante en LaLiga EA Sports cun empate (1-1) este luns 24 de agosto en La Rosaleda ante outro dos recentemente ascendidos, o Málaga CF.Con este resultado Os Nosos suman 2 puntos nas primeiras 2 xornadas.Antonio Hidalgo cre que este punto "fala do nivel de competitividade que ten o equipo, de estar sempre nos partidos".O equipo branquiazul presentou 2 cambios respecto ao once que iniciou a liga o pasado luns 17 ante o Elche CF en ABANCA-RIAZOR.Loureiro substituíu a Bright Ede no centro da defensa e Luismi reforzou o centro do campo por Bil.Con isto, Aubameyang iniciou o encontro como punta de ataque, nesta ocasión coa axuda de Asp Jensen.A novidade na convocatoria deportivista para La Rosaleda foi a presenza de Yeremay por primeira vez no que vai de temporada.O canteirán volvía vestir de curto despois de dar un paso adiante na súa recuperación, tal e como asegurara na rolda de prensa previa o técnico deportivista.Como é habitual, o Málaga CF saíu disposto a mandar no partido.De feito, o seu primeiro remate chegou aos 6 minutos. Juan Cruz conduce no medio do campo, plántase na frontal da área deportivista e o seu disparo raso mándao a córner Leo Román.Apertaban os andaluces, empurrados pola bancada, mentres Os Nosos trataban de baixar o ritmo con posesións longas e presión alta na saída de balón malaguista.O Dépor púxose por diante no marcador aos 21 minutos. Luismi supera o centro do campo andaluz e conecta ao espazo con Aubameyang, que regatea con clase a Herrero e logra a pracer o primeiro da noite."Comezamos ben, ata o primeiro gol", recoñeceu o técnico deportivista.O Málaga CF tomou o mando, aínda que sen crear ocasións claras de gol; iso si, encadeou varios saques de esquina que obrigaron a empregarse a fondo á zaga deportivista."Desaxustámonos un pouco coa posición de Juan Cruz", admitiu o preparador do Dépor.Superada a media hora, nunha mala saída de balón, Rafita encara a Lucas Noubi, que o derruba na área. Alberola Rojas non o dubida e sinala pena máxima."Foi moi leve", opinou sobre a acción Antonio Hidalgo na sala de prensa.Chupe pon as táboas no marcador e devolve o partido ao punto de partida.Os de Hidalgo foron quen de frear o arreón andaluz tras o empate e mesmo dispuxeron da última oportunidade antes do descanso.Ximo Navarro mete un balón longo ás costas da defensa do Málaga CF, pero desta volta Aubameyang non puido precisar o seu disparo, que marchou demasiado alto.Co 1-1 chegouse ao descanso.Tras o paso polos vestiarios, sen cambios nos onces, o Dépor tratou de impedir co balón outra saída en tromba local.Funes, técnico malacitano, dá entrada a unha das súas figuras, Larrubia, por Juan Cruz.O partido estaba pechado, con escasas opcións de perigo.De feito, o primeiro remate entre os 3 paus chegou á hora de xogo, obra de Dotor. Atallou sen problemas Leo Román.Hidalgo comeza a mover o banco coa entrada de Mella e Villares por Altimira e Asp Jensen, dous futbolistas que apenas dispuxeron de minutos de xogo durante a pretemporada.Noutra mala saída de balón deportivista estivo a piques de chegar o segundo dos locais, pero desta volta o remate de Izan desde a frontal non atopou portería.La Rosaleda preparábase para outro arreón.Pero o Dépor refíxose, aínda que "sufrimos algo máis", apuntou o adestrador deportivista.Aos 69 minutos, Aubameyang volve escapar por velocidade do seu par e o seu disparo cruzado marcha rozando o pau esquerdo.A ocasión máis clara do partido chegou aos 76 minutos. Villares cruza un balón na área deportivista que intercepta Chupe coa cabeza. Sen porteiro, porque Leo Román estaba fóra do marco apoiando a saída, o balón estrélase mansamente no longueiro e bota fóra da liña. O meta branquiazul consegue adiantarse ao atacante andaluz, que se dispoñía a empurrar á rede o rexeitamento.Esta xogada esporeou de novo o Málaga CF na recta final.Primeiro unha falta lanzada por Haitam e despois un disparo de Rafa marcharon fóra por pouco.Respondeu Yeremay, que substituíu a Luismi, cun contragolpe que Herrero consegue desbaratar con moitos apuros.De aí ao final, o encontro seguiu sendo "igualado. Un punto, e a pensar no seguinte", concluíu Antonio Hidalgo.Málaga CF: Herrero, Puga, Einar, Dotor (Rafa, min. 74), Chupe, Joaquín (Haitam, min. 74), Recio, Cruz (Larrubia, min. 56), Dani Lorenzo, Izan (Lobete, min. 84) e RafitaDeportivo: Leo Román, Ximo Navarro, Lucas Noubi, Loureiro (Bright Ede, min. 74), Quagliata, Amatucci, Mario Soriano (Bil, min. 84), Altimira (Mella, min. 62), Luismi (Yeremay, min. 74), Asp Jensen (Villares, min. 62) e AubameyangÁrbitro: Javier Alberola, do comité castelán-manchego. Amoestou a Mario Soriano (min. 25), Quagliata (min. 57), Larrubia (min. 61), Ximo Navarro (min. 79) e Bil (min. 89)Goles: 0-1 Aubameyang (min. 21); 1-1 Chupe, de penalti (min. 35)Incidencias: partido disputado en La Rosaleda ante 29.014 espectadores