
FUNDACIÓN · 9 SETEMBRO 2025
A FUNDACIÓN RC DEPORTIVO ACTIVA A BANCADA SOLIDARIA PARA O DÉPOR - ATHLETIC CLUB DESTE DOMINGO 14 DE SETEMBRO
A Fundación RC Deportivo, de cara ao encontro do Deportivo ABANCA deste domingo 14 de setembro (12:00) fronte ao Athletic Club, reactiva a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria.Para solicitar entradas, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.A data límite para poder solicitalas serán as 12.00 h. deste xoves 11 de setembro.

Os Nosos regresan este martes 25 de agosto directos a traball...

O Dépor suma en La Rosaleda ante o Málaga CF un punto que "fa...

Mauro Valeiro mídese este martes 25 de agosto coa selección e...

José Vicente Fernández deixa de formar parte do Consello de A...

Calendario de amigables da semana en ANOSACANTEIRA, con cita ...

Primeira semana de liga para o Dépor ABANCA, que recibe este ...