RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
A renovada DéporTienda de ABANCA-RIAZOR abre as súas portas este venres 17 de abril ás 17:30

DÉPOR · 16 ABRIL 2026

A RENOVADA DÉPORTIENDA DE ABANCA-RIAZOR ABRE AS SÚAS PORTAS ESTE VENRES 17 DE ABRIL ÁS 17:30

O RC Deportivo inaugurará este venres 17 de abril a súa renovada tenda oficial no Estadio ABANCA-RIAZOR, un espazo completamente transformado que marca un novo fito na evolución do Club cara a un modelo innovador, sustentable e centrado na experiencia do afeccionado.É un lugar onde se respira orgullo, memoria e paixón branquiazul a escasos metros do céspede onde Os Nosos e As Nosas fan soñar cada partido a ANOSAFORZA.Cada recuncho foi pensado para achegarnos ás nosas cores, á nosa historia e a todo o que significa ser do Dépor.Aquí éntrase a comprar, pero tamén a sentir, a lembrar e a seguir construíndo xuntos este sentimento branquiazul que pasa de xeración a xeración.Este novo espazo branquiazul abrirá as súas portas ao público ás 17:30 horas.Pouco despois, ás 18:00, Yeremay, Luismi, Millene y Noé asinarán autógrafos a todos os e as deportivistas que se acheguen.