
DÉPOR ABANCA · 4 OUTUBRO 2026
ALBERTO RODRÍGUEZ CRE QUE, MALIA A DERROTA, "O EQUIPO ESTÁ ADAPTADO, CÓMODO NUNHA MANEIRA DE XOGAR QUE XA POUCO A POUCO NOS IDENTIFICA"
Alberto Rodríguez manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que ante o Atlético de Madrid "o equipo esforzouse moito, tivo a recompensa do gol"; e lamentou "esa xestión a partir do 1-1, na que creo que tiñamos que ter máis paciencia. Cando os ataques eran longos, o Atlético estaba sufrindo. Quizais entramos nese toma e daca demasiado pronto e caeu do lado delas. E xa co 1-2 foi difícil repoñerse animicamente".O técnico deportivista sinala que "xogamos contra equipos importantes da categoría, sobre todo aquí en ABANCA-RIAZOR. Lembro o partido contra o Real Madrid CF, o do Sevilla FC, que o ano pasado quedou arriba. Estou contento de que, con todos eses cambios que houbo a principio de temporada, o equipo estea acoplado, cómodo nunha maneira de xogar que xa pouco a pouco nos identifica. Mesmo desde fóra se ve o que pretende o equipo".Insiste en "ter esa pausa no último terzo, que é unha das cousas que custa no fútbol. Ocúpame seguir dándolle ferramentas ao equipo para que tome as mellores decisións posibles e estou satisfeito polo volume de chegadas que temos. Obviamente hai que convertelas".Non quere por isto "ansiedade, porque iso sería o peor. Se o contorno, mesmo desde a prensa, desde o noso traballo diario, empezamos a poñer demasiado o foco aí, non nos beneficia. Temos que naturalizar o que temos que mellorar. Iso é un aspecto do xogo, igual que hai outros. E seguir puíndo eses pequenos detalles que nas ligas de máximo nivel son os que moitas veces decantan os partidos".Finalmente, Alberto Rodríguez está convencido de que "os goles chegarán porque o traballo está aí. Hai que ter serenidade agora, relativizar o groso do partido e seguir medrando".O preparador blanquiazul lembra que "nin cando gañamos temos que ter o ego polas nubes nin cando perdemos crer que non hai nada que facer. Aí é onde está o labor do adestrador e, a nivel mental, que elas o entendan así. Fixemos moitas cousas ben, pero non nos chegou. Malia ser un equipo importante da categoría, tiñamos a sensación de ter o partido bastante igualado. Quédanos aprender deste tipo de situacións".

Segundo partido de Bright Ede con Polonia sub-21, este luns 5...

Sofía Domínguez incorpórase este luns 5 de outubro á selecció...

O primeiro gol de Nsongo Bil con Camerún chegou este sábado 3...

Resultados deste sábado 3 de outubro en ANOSACANTEIRA e calen...

As Nosas adestran de novo este domingo 4 de outubro ás 10:15 ...

O Dépor regresa ao horario do luns o 2 de novembro ante CA Os...