RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Resultados deste sábado 3 de outubro en ANOSACANTEIRA e calendario deste domingo 4, co Fabril ás 12:00 nas Gaunas

CANTERA · 3 OUTUBRO 2026

RESULTADOS DESTE SÁBADO 3 DE OUTUBRO EN ANOSACANTEIRA E CALENDARIO DESTE DOMINGO 4, CO FABRIL ÁS 12:00 NAS GAUNAS

Un total de 3 partidos dispútanse este domingo 4 de outubro en ANOSACANTEIRA.El Fabril visita o líder da Primera Federación, o UD Logroñés.O encontro disputarase no Estadio de Las Gaunas ás 12:00, retransmitido en directo por Fan Play TV.Os fabrilistas chegan ao choque con boas sensacións despois do triunfo en ABANCA-RIAZOR ante o Real Unión e con 8 puntos na táboa.Son baixa para o choque Noé, que xa disputou uns minutos no amigable deste venres 2 do primeiro equipo ante o FC Porto; Manu Ferreiro; Damián Canedo; Jairo; Dipanda; Dani Estévez; Manu Serrano; e Álex Marqués, cunha lesión no recto femoral dereito.No amigable do Dépor deste pasado venres ante o FC Porto, Kevin foi titular e tiveron minutos Noé, Yayo, Álvaro Fraga e Íker Gil, os 3 últimos debutantes co primeiro equipo do Club."Iremos vendo a participación dos que están agora en dinámica. Nós teremos que axustarnos", asume Manuel Pablo.Tamén este domingo 4 ás 12:00 o Xuvenil B enfróntase no Dépor Training Center ao ED Val Miñor Nigrán B e o Cadete ao CD Lugo no Municipal Rodríguez Lago.

infantila1003.jpg

O resto de equipos, incluídos o Alevín A e os benxamíns en fútbol 7, xogaron este sábado 3 de outubro cun pleno de vitorias.O Xuvenil A (na foto principal da noticia) superou por 2-0 ao Real Avilés Industrial no campo Arsenio Iglesias cun dobrete de Miguel de Labra.Así mesmo, o Infantil venceu ao Cidade de Ribeira CF no Dépor Training Center (19-0) e o San Tirso SD Cadete ao Racing de Ferrol no Monte (3-2).Fóra da casa, o San Tirso SD Infantil impúxose por 1-2 ao ED Val Miñor Nigrán en Condomínguez.Finalmente, o partido entre o Fabril FC Alevín e a SD Acea de Ama, correspondente á 3ª xornada na Primera Futgal A Coruña, xogarase o martes 6 de outubro ás 18:15 no Pinar (Vizoño).O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Primera FederaciónAmigable (mércores 30 de setembro): FABRIL 1 (Frank Iglesias) - SC BRAGA B 36ª xornada: UD LOGROÑÉS - FABRIL, o domingo 4 de outubro ás 12:00 en Las GaunasCategoría xuvenilDivisión de Honor, 4ª xornada: XUVENIL A 2 (Miguel de Labra -2-) - REAL AVILÉS INDUSTRIAL 0Liga Nacional, 4ª xornada: XUVENIL B - ED VAL MIÑOR NIGRÁN B, o domingo 4 de outubro ás 12:00 no Dépor Training CenterCategoría cadeteDivisión de Honor, 4ª xornada: CD LUGO - CADETE, o domingo 4 de outubro ás 12:00 no Municipal Rodríguez LagoDivisión de Honor, 4ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 3 (Manu Sande, Iván Gil e Yoel Darriba) - RACING DE FERROL 2

santirsosdinfantil1003.jpg

Categoría infantilDivisión de Honor, 4ª xornada: INFANTIL 19 (Hugo Pardo -2-, Hugo Álvarez -3-, Andres Boo, Thiago López -3-, Alejandro Astray -5-, Yago Fernández -2-, Mateo Aguia, Iago Pita e Hugo Quintela) - CIDADE DE RIBEIRA CF 0División de Honor, 4ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN 1 - SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Sergio Fernández e Saúl Cancela)Categoría alevínPrimera Futgal A Coruña, 2ª xornada (mércores 30 de setembro): OZA JUVENIL SD 0 - ALEVÍN A 14 (Nico Castro -4-, Mateo Pastorín -3-, César Leira -2-, Manu Parada -2-, Marco Dios, Pablo Gómez e Leo Barro)Primera Futgal A Coruña, 3ª xornada: ALEVÍN A 4 (Pablo Gómez, Martín Coronel, Manu Parada e Marco Dios) - CD CALASANZ 0Primera Futgal A Coruña, 3ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - SD ACEA DE AMA, o martes 6 de outubro ás 18:15 no O Pinar (Vizoño)Categoría benxamínPrimera Futgal A Coruña, 3ª xornada: BENXAMÍN A 5 (Álex Martínez -3 e Izan Mallón -2-) - CD CALASANZ 0Primera Futgal A Coruña, 3ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Xisco Muñoz -2-, René Grega e Hugo Fernández) - SCD PASTORIZA 0

fabrilfcbenjamin1003.jpg