RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Antonio Hidalgo: "É unha bendición que me tocou, vir aquí, gozar deste Club, desta cidade"

DÉPOR · 5 OUTUBRO 2025

ANTONIO HIDALGO: "É UNHA BENDICIÓN QUE ME TOCOU, VIR AQUÍ, GOZAR DESTE CLUB, DESTA CIDADE"

Antonio Hidalgo confesou na sala de prensa que xogar en ABANCA-RIAZOR é "unha bendición. Vir, xogar, con #ANOSAFORZA, con esa ambición, con ese sentimento de pertenza, de empuxar".Insiste en que "é unha bendición que me tocou, vir aquí, gozar deste Club, desta cidade".O técnico deportivista asegura que "imos ir con todo" e lamentouse do empate ante a UD Almería porque "o equipo deixouno todo. Hai outros días que estivemos seguramente peor, pero isto vai de sumar e temos un punto máis".Advirte que a Yeremay "vanlle a perseguir, vanlle a buscar. Tivo eses momentos de talento e temos que explotar máis esas situacións".Finalmente Antonio Hidalgo conclúe que o partido ante a UD Almería "empezámolo ben, atopando situacións por fóra, chegando, con centros, con moi pouca presenza dentro da área. Aí puxéronse por diante e até o final do primeiro tempo non estivemos cómodos. Nós acumulando moita xente por dentro e eles cunha liña de 5 non lles estabamos atopando as costas. Fomos capaces de variar a posición de Yeremay en amplitude. Deunos moitísimo, con Luismi por dentro. Iso fixo que chegue o gol. Xuntamos moito máis a xente dentro da área, que che dá máis posibilidades. Recordo una chegando por banda contraria de Ximo".Engade o preparador deportivista que "eles volveron a cambiar a estrutura, que seguramente se atoparon máis cómodos con balón, sen facernos perigo. Neses 20, 25 minutos da segunda parte poderiamos facer un gol máis".