RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Deportivo, Le Havre AC, Deportivo ABANCA e SC Braga conforman o cartel do Trofeo Teresa Herrera 2025 do sábado 9 de agosto en ABANCA-RIAZOR

DÉPOR · 21 XULLO 2025

DEPORTIVO, LE HAVRE AC, DEPORTIVO ABANCA E SC BRAGA CONFORMAN O CARTEL DO TROFEO TERESA HERRERA 2025 DO SÁBADO 9 DE AGOSTO EN ABANCA-RIAZOR

O Deportivo e Le Havre AC francés no apartado masculino; e Dépor ABANCA e SC Braga luso no feminino conforman o cartel da próxima edición do Trofeo Teresa Herrera que se disputará no Estadio ABANCA-RIAZOR o 9 de agosto, retransmitido en directo na .O decano dos torneos estivais, que este ano cumpre o seu LXXX edición, recupera en categoría masculina o formato de partido único neste 2025.O Deportivo, que tradicionalmente aproveita o Trofeo Teresa Herrera como posta de longo ante #ANOSAFORZA, mídese nesta edición ao equipo francés de Le Havre AC que milita na Primera División de Francia.O encontro arrincará ás 20:00 horas.A XIII edición feminina do Trofeo Teresa Herrera, ás 17:00, protagonizarana o Dépor ABANCA e o SC Braga da Primera División de Portugal.A xornada arrincará pola mañá coa disputa das finais da XXIX edición do Mini Teresa Herrera en categoría benxamín e prebenxamín.O Dépor é o rei do Teresa Herrera masculino cun total de 25 trofeos nas vitrinas por 9 do segundo clasificado, o Real Madrid CF.En categoría feminina, o Dépor ABANCA posúe 4 trofeos ademais de 1 conquistado polo Deportivo ABANCA B na edición de 2020.A organización do Teresa Herrera forma parte do acordo de colaboración entre o Concello e o Club. O trofeo é o torneo de fútbol amigable con carácter anual máis lonxevo do mundo.