RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O DéporCampus segue medrando: Macedonia tamén se tingue de branquiazul

FUNDACIÓN · 19 AGOSTO 2026

O DÉPORCAMPUS SEGUE MEDRANDO: MACEDONIA TAMÉN SE TINGUE DE BRANQUIAZUL

O DéporCampus Macedonia pechou este mércores 19 de agosto unha semana moi especial en Ohrid, onde o fútbol, a ilusión e os valores do deportivismo volveron cruzar fronteiras.Durante 6 días, desde o pasado 13 de agosto, un total de 86 nenos e nenas procedentes de diferentes puntos de Macedonia gozaron dunha experiencia que vai moito máis alá do terreo de xogo, en colaboración co FK Butel.Cada adestramento, cada xogo e cada reto serviron para compartir unha mesma paixón e descubrir que o fútbol ten unha linguaxe universal. Detrás de cada balón hai unha oportunidade para facer novas amizades, aprender, gozar e medrar.O DéporCampus Macedonia súmase ás experiencias internacionais celebradas este verán en Caracas e en Valencia, no estado venezolano de Carabobo, consolidando a expansión internacional dunha actividade que xa é unha das grandes tradicións do verán deportivista en Galicia.Así, o sentimento branquiazul continúa viaxando cada vez máis lonxe. Novos lugares, novos nenos e nenas e novas historias que pasan a formar parte dunha mesma familia.O DéporCampus remata en Ohrid, pero o recordo permanece. E con el, a ilusión de que o deportivismo siga chegando cada vez a máis recunchos do mundo.Para calquera consulta sobre os DéporCampus internacionais, as persoas interesadas poden contactar a través do correo [email protected].