
FUNDACIÓN · 19 AGOSTO 2026
O PROXECTO 'ONE TEAM, NO LIMITS' COMPARTE UNHA XORNADA DE INCLUSIÓN E DEPORTE NA FUNDACIÓN HOSPITALARIAS DE BETANZOS
O proxecto 'One Team, No Limits', confinanciado pola Unión Europea, continúa levando os valores do deporte a novos espazos de encontro e inclusión. Nesta ocasión, a actividade trasladouse á Fundación Hospitalarias de Betanzos, onde se viviu unha xornada marcada pola participación, a convivencia e a diversión.Durante o encontro, as persoas asistentes gozaron de diferentes propostas deportivas e lúdicas nun ambiente no que o máis importante volveu ser compartir experiencias, fomentar a participación e demostrar que o deporte ten a capacidade de unir ás persoas máis alá de calquera circunstancia.A xornada estivo chea de movemento, sorrisos e bos momentos, reflectindo unha vez máis o espírito de 'One Team, No Limits', unha iniciativa que aposta por un deporte aberto, inclusivo e accesible para todas e todos.Desde a RC Deportivo Fundación queremos agradecer á Fundación Hospitalarias de Betanzos a súa hospitalidade e colaboración, así como a cesión das súas instalacións para facer posible esta actividade.Grazas a iniciativas coma esta, seguimos construíndo espazos nos que cada persoa pode sentirse parte do equipo, compartir experiencias e gozar de todo o que o deporte pode achegar dentro e fóra do terreo de xogo.


Resultados de ANOSACANTEIRA feminina; este domingo con derrot...

Resultados en ANOSACANTEIRA, este domingo 13 con vitorias do ...

O Fabril dobrega en ABANCA-RIAZOR á SD Ponferradina, «un dos ...

O Dépor mantense invicto na liga tras empatar en Getafe nun p...

O Dépor ABANCA B cae por 2-0 ante a SD Eibar B no segundo par...

Albania, novo destino da RC Deportivo Fundación