
DÉPOR ABANCA · 18 AGOSTO 2026
VEGA MONTESINOS: "O DÉPOR É UN CLUB QUE APOSTA MOITÍSIMO POLA SECCIÓN FEMININA E ISO ATRAE MOITO ÁS XOGADORAS"
Vega Montesinos Berasategui (Murcia, 29 de agosto de 2005) foi presentada este mediodía como nova xogadora do Dépor ABANCA até xuño de 2028, con opción de ampliar o seu contrato.En primeiro lugar, a polivalente carrileira zurda posou coa súa nova camiseta no campo Arsenio Iglesias acompañada por Kevin Cabado.Xa na sala de prensa, o responsable do Dépor ABANCA destacou a súa "proxección envexable. Acumulou moitos partidos en Liga F durante a pasada tempada".Definiuna como unha futbolista que "pode xogar en toda a banda esquerda, tanto de lateral, como de carrileira ou extremo. Xa demostrou todas as súas fortalezas. É moi rápida, pode saír cara a dentro ou cara a fóra, bo golpeo, bos centros. Haanos dar moitas alegrías", concluíu.

Pola súa banda, Vega Montesinos afirmou que "desde o principio pensei que era un bo proxecto tanto a curto como a longo prazo. O Dépor é un club que aposta moitísimo pola sección feminina e iso atrae moito ás xogadoras".A xogadora deportivista sinala que "estamos traballando día a día moi forte e estamos preparadas para o inicio de temporada, que é a semana que vén".Subliña finalmente que "dáme igual que me poñan de lateral, de extremo ou de carril. Onde me poñan quero sacar o mellor de min e das miñas características".

Abertas este sábado 24 de outubro desde as 11:00 horas os des...

Alberto Rodríguez asegura que «no que nos centramos é na mell...

Manuel Pablo advirte que "temos que subir o nivel nós"

Antonio Hidalgo: "Para nós todos os partidos en Primera Divis...

Un Fabril que non quere obsesionarse cos resultados recibe es...

Esixente exame do Dépor este sábado 24 de outubro ás 21:00 no...