RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Fabril mídese ao Real Unión este sábado ás 18:45 en ABANCA-RIAZOR «cunha idea de xogo que fai que a xente sexa protagonista»

DÉPOR FABRIL · 25 SETEMBRO 2026

O FABRIL MÍDESE AO REAL UNIÓN ESTE SÁBADO ÁS 18:45 EN ABANCA-RIAZOR «CUNHA IDEA DE XOGO QUE FAI QUE A XENTE SEXA PROTAGONISTA»

O Fabril mídese este sábado 26 de setembro ás 18:45 (Fan Play TV) ao Real Unión de Irún en ABANCA-RIAZOR, nun partido correspondente á 5ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.O filial chega ao encontro tras o empate do pasado domingo en Lezama ante o Athletic Club B, que o deixou con 5 puntos na 11ª posición. Manuel Pablo cualifica ese punto sumado ante os cachorros como "moi sufrido. Competímolo ben ata o final".O técnico fabrilista advirte que o conxunto vasco "é un dos moitos da categoría, que fisicamente vai forte á presión alta, pero é capaz de utilizar distintos rexistros. Se o superas, xúntase moito, xúntanse ben".Destaca do seu cadro de xogadores a "Merquelanz, Lucas Sangalli, que teñen calidade e pódenche sacar accións que liberen toda unha presión. Teñen tamén físico arriba"-Conclúe que o Real Unión "é un dos moitos da categoría, que saben manexarse. Podes estar dominándoos e están tranquilos, pero saben que teñen calidade, que teñen físico, as ideas moi claras. Temos que manexar esas situacións que igual nos poden custar un pouco máis".Con todo, Manuel Pablo defende que no seu Fabril "hai unha idea de xogo que fai que a xente sexa protagonista. Queremos que (os atacantes como Guerrero) estean arriba, queremos moito balón, que reciban, que poidan ir ao espazo e aproveitarnos desas calidades que teñen".Insiste en que o filial "intenta ser protagonista para que a xente de arriba sexa protagonista".Serán baixa por lesión Noé, Manu Ferreiro, Manu, Damián Canedo e Dipanda. "Non recuperamos a ninguén. E tampouco estará Dani Estévez, que leva un par de semanas de baixa", apuntou o preparador do Fabril sobre a lesión no nocello dereito do canteirán.Así mesmo, Kevin Sánchez foi titular co primeiro equipo en Penafiel no amigable ante o conxunto portugués deste venres 25 de setembro.Pola súa banda, o Real Unión de Irún, que a pasada semana empatou no Stadium Gal (2-2) co CD Mirándes, é 5º con 7 puntos.

Lonxe da casa esta temporada os vascos gañaron ao Unionistas de Salamanca CF (2-4) e caeron ante o Racing de Ferrol (3-2).O seu técnico, Ramsés, confesou que "Manuel Pablo era o meu referente. Igual ata lle pido un autógrafo", chanceou na rolda de prensa previa.Asegura que o seu equipo chega á Coruña "moi ben, moi contentos, coa cabeza no seu sitio, que é o máis importante. Adestramos ben durante a semana despois dun partido moi esixente a pasada semana".