
DÉPOR · 25 SETEMBRO 2026
JOSÉ MARÍA GIMÉNEZ CUMPRE ANTE XAPÓN 100 PARTIDOS CON URUGUAI
José María Giménez está concentrado con Uruguai para disputar 3 partidos amigables nesta ventá de seleccións.Os rivais son Xapón, Corea do Sur e India nun maratón de máis de 33.000 quilómetros para o defensa deportivista ata o seu regreso á Coruña, o 7 de outubro.O primeiro dos encontros disputouse este xoves 24 de setembro ante Xapón no Estadio Grandy-21 da cidade xaponesa de Nigayi.O central do Dépor saltou ao céspede no minuto 67 en substitución do exbarcelonista Araújo e cumpriu 100 partidos coa súa selección nacional.O choque rematou con vitoria xaponesa por 3-1.Giménez e o resto dos seus compañeiros emprenderon viaxe a Corea do Sur para enfrontarse ao combinado coreano este luns 28 de setembro ás 20:00 (hora local, 13:00 en Galicia).O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Xoves 24 de setembroXAPÓN 3 - URUGUAI 1Luns 28 de setembro20:00 (hora local, 13:00 hora galega): COREA DO SUR - URUGUAI, no Seúl World Cup Stadium de SeúlMartes 6 de outubro19:00 (hora local, 15:30 hora galega): INDIA - URUGUAI, no VYBK Stadium de CalcutaGráfica: https://x.com/Uruguay


O Fabril mídese ao Real Unión este sábado ás 18:45 en ABANCA-...

Zakaria Eddahchouri, operado con éxito do seu pulso esquerdo ...

Os despachos de billetes do Palacio de los Deportes de Riazor...

Lucas Noubi xogou completo o primeiro partido de Bélxica sub-...

Nsongo Bil debutou con Camerún cun triunfo ante Comoras

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...