
DÉPOR ABANCA · 10 NOVEMBRO 2026
ALBERTO RODRÍGUEZ SÉNTESE "UN POUCO TRISTE PORQUE NON SE FAVORECE O XOGO EN XERAL"
Alberto Rodríguez confesou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que se sente "un pouco triste porque non se favorece o xogo en xeral. O fútbol é competir pero ten unha esencia. Entón a primeira falta a Marisa preto do córner, que queda nun man a man, e non o consideran ataque prometedor con tanto espazo para meterse na área e armar o tiro; despois a acción de Michi é vermella directa; e a outra de Tarazona na segunda parte é unha situación parecida. Non teño claro que durante o partido o criterio se mantivese sempre".Ao técnico deportivista "cústalle interpretar as situacións a nivel regulamentario. E no penalti, se a ocasión de Marisa non é manifesta de gol e por iso non é vermella directa cando diante de Marisa só está a liña de gol... Cústame entender as situacións".Insiste nesa "sensación de tristeza. Despois ves os datos: 16 faltas en contra, 6 a favor; 8 faltas na primeira parte, 2 pola nosa parte nada máis. Nas estatísticas está un pouco o que opino. Esas foron as xogadas clave. Loxicamente na segunda parte o equipo estaba moi desfondado e é lóxico. Tentamos darlle enerxía pero xa era moi difícil porque a nivel mental vas acumulando unha serie de motivos negativos ao longo do partido. E esa sensación na primeira parte de que con 10 tiñamos que ter marchado cunha renda de máis dun gol".Iso si, Alberto Rodríguez lembra tamén que "hai que ser realista, isto vai de gañar, de competir. A partir de aí, gardar isto na mochila como unha aprendizaxe e seguir traballando para seguir medrando".Finalmente lamentou "unha serie de circunstancias que se foron sumando ao longo da temporada, case todas traumáticas: o de Merle, o de Millene, agora o de Eva Alonso. Penso que non serán dun partido. Están na 1ª ou 2ª fase de readaptación antes de incorporarse ao grupo. Agardámolas cos brazos abertos. É o momento para xogadoras coas que estou sendo máis inxusto pola calidade dos adestramentos do día a día e que non estaban tendo tantas oportunidades para que poidan reivindicarse. E que sexa unha maneira máis de que o equipo medre".





