
DÉPOR ABANCA · 10 NOVEMBRO 2026
INXUSTA DERROTA DO DÉPOR ABANCA ANTE O VALENCIA CF COMO CONSECUENCIA DUNHA ACTUACIÓN ARBITRAL PLAGADA DE GRAVES ERROS
O Dépor ABANCA pechou a xornada 10ª de Liga F este luns 9 de novembro cunha inxusta derrota por 0-2 ante o Valencia CF Femenino tras unha actuación arbitral con graves erros, e sempre contrarios ás branquiazuis.Este resultado deixa a As Nosas con 11 puntos na 10ª posición.Foron baixa por lesión Inês Pereira, Merle Barth, Espe Pizarro, Millene e Eva Alonso, estas dúas últimas ausencias confirmadas minutos antes do choque.Laura Ruiz, Karla, Valbuena, Antía Veiga e Antía Mayo foron as representantes de ANOSACANTEIRA, que se uniron ás tamén canteirás Elena Vázquez e Redru (titulares); ademais de Paula Novo, Paula Monteagudo, Eva Dios e Lucía Rivas.En fronte estaba o último clasificado da categoría, o Valencia CF Femenino, que se presentaba en ABANCA-RIAZOR tras conseguir a súa primeira vitoria en liga a pasada fin de semana ante a SD Eibar e con novo adestrador no banco, Lucas Piccinato.Os dous primeiros disparos foron de Vega, ambos rozando o traveseiro da meta de Alicia P.No minuto 16 o choque cambiou de rumbo.Nun lance fortuíto, Michi Apóstol pisa a súa defensora, Tamarit, co balón en xogo. A colexiada do encontro, Ainara Andrea Acevedo, expulsou con vermella directa a venezolana."Deixémolo en moi rigoroso porque Michi ten que apoiar a súa perna nalgún lado. Nesa continuidade da zancada nin sequera chega a impactar de todo. Iso condicionou o partido", apuntou Alberto Rodríguez.Esta mesma colexiada, a temporada pasada, nunha acción na que a última defensora se desentende do balón, Millene sofre unha dura entrada que lle provoca unha fractura de clavícula e numerosas feridas no rostro. A futbolista tivo que ser trasladada directamente ao hospital. A árbitra non sinalou falta, evitando así amosar o cartón vermello á futbolista rival.A pesar da inferioridade numérica, As Nosas comezaron o seu recital na primeira metade.Estivo con todo preto de marcar o Dépor ABANCA no minuto 28 cun dobre remate de Ainoa e Marisa que sacou en dúas grandes intervencións Alicia.En plena acometida blanquiazul, a gardameta valencianista detén no minuto 30 outro disparo de Vega e un posterior remate de cabeza de Marisa.No 32, Alicia, convertida xa na figura do encontro, desvía noutra gran parada a saque de esquina un disparo de Ainoa que, tras tocar nunha defensora, se coaba na portería do Valencia CF Femenino.Aos 38 minutos, noutra gran contra lanzada por Vega, Ainoa chuta e de novo Alicia saca a córner.De novo Vega probou fortuna no 40 pero o balón, raso, saíu cruzado en exceso.Marisa, no 43, adiántase á súa marcadora pero o seu remate de cabeza vai ás mans de Alicia, ben colocada.Sucedíanse as ocasións."O equipo na primeira parte estivo espectacular, interpretando as superioridades numéricas e atopando espazos para atacar. Nas estatísticas temos un 'expected goal' de 2 por 0,5 do Valencia CF Femenino. Iso fala moi ben do traballo do equipo", apuntou o preparador deportivista.Tanto foi o cántaro á fonte que no desconto, Lena Pérez derrubou na área a Marisa cando se dispoñía a rematar un centro desde a banda esquerda de Ainoa.Ainara Andrea Acevedo sinalou penalti, pero trabucouse de novo gravemente ao non expulsar con vermella directa a defensora valencianista.Olaya culmina unha noite aciaga ao estrelar o balón na base do poste dereito da meta do Valencia CF Femenino. Corría o minuto 45+5.Con 0-0 chegouse ao descanso.

Tras o paso polos vestiarios, "é certo que nos custou un pouco axustar", admitiu o técnico coruñés.Esta circunstancia aproveitouna o Valencia CF Femenino para adiantarse no marcador practicamente no seu primeiro tiro a porta. Marcano queda soa ante Tarazona e supéraa no balón dividido.Cruel castigo para o Dépor ABANCA, que fixo un gran esforzo na primeira metade sen recompensa no marcador."O gol sácanos do partido, coa expulsión, o penalti... Unha serie de circunstancias que van cambiando o partido", apuntou o adestrador do Dépor ABANCA.Alberto Rodríguez intenta refrescar o equipo con Lucía Rivas e Carla Casti por Lucía Pardo e Ranera.Wifi desde moi lonxe obrigou a intervir a Tarazona no minuto 72.No saque de esquina posterior, Yasmin adiántase de cabeza á defensa deportivista e encamiña o choque."A partir do 0-2 o equipo con moitísimo corazón e pouca cabeza, culpa miña loxicamente para incomodar o Valencia CF Femenino na saída de balón, conseguimos incomodar, tivemos algunha situación clara. Sinto orgullo máximo. Con esta maneira de competir vainos ir ben ao longo do ano", concluíu Alberto Rodríguez.A entrada na recta final de Paula Hernández, Sofía ou Karla non tivo incidencia nun equipo xa moi castigado física e moralmente polos golpes recibidos.Deportivo ABANCA: Tarazona, Caracas (Carla Casti, min. 69), Adri, Elena Vázquez, Vega, Redru (Sofía, min. 79), Olaya, Michi Apóstol, Ainoa (Paula Hernández, min. 79), Lucía Pardo (Lucía Rivas, min. 69) e Marisa (Karla, min. 73)Valencia CF Femenino: Alicia P., Tamarit, Lena Pérez, Nazareth, Marcano (Tere, min. 89), Carol (Mbadi, min. 83), Salomé (Mascarell, min. 46), Rebecca E., Pauleta (Esther, min. 83), Débora (Wifi, min. 46) e YasminÁrbitra: Ainara Andrea Acevedo, do comité catalán. Amoestou a Lena Pérez (min. 45+4), Tamarit (min. 16), Marisa (min. 61), Pauleta (min. 71) e Wifi (min. 79). Expulsou con vermella directa a Michi Apóstol no minuto 15.Goles: 0-1 Marcano (min. 63); 0-2 Yasmin (min. 73)Incidencias: Partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 416 espectadores. Gardouse un minuto de silencio por María del Carmen Díaz, socia nº 49 do Club; e por Jesús de Miguel, futbolista do CD Tenerife falecido recentemente.






