
DÉPOR ABANCA · 10 NOVEMBRO 2026
AS NOSAS REGRESAN DE NOVO ESTE MARTES 10 AO DÉPOR TRAINING CENTER
Finalizado o encontro en ABANCA-RIAZOR ante o Valencia CF Femenino, cuxos mellores momentos podes ver ao pé da noticia, As Nosas regresan este martes 10 de novembro ao Dépor Training Center para realizar unha sesión que arrancará ás 11:00 horas.O Dépor ABANCA está inmerso nunha semana con 3 partidos, coa cita copeira o xoves 12 de novembro ás 20:00 horas no Estadio Nou Sardenya de Barcelona ante o CE Europa e o novo partido de liga o domingo 15 de novembro ás 18:00 en ABANCA-RIAZOR ante o FC Barcelona.





