
DÉPOR ABANCA · 27 MAIO 2026
EMPATE DO DÉPOR ABANCA ANTE O RCD ESPANYOL NA EMOCIONANTE DESPEDIDA DE CRIS MARTINEZ E FRAN ALONSO DE ABANCA-RIAZOR
O Dépor ABANCA empatou (2-2) este mércores 27 de maio ante o RCD Espanyol no seu último partido de liga en ABANCA-RIAZOR nunha semana, última de competición, que concluirá este domingo 31 de maio ás 13:00 (hora galega, 12:00 hora local) no Heliodoro Rodríguez López ante o UD Costa Adeje Tenerife.Con este resultado, As Nosas suman 31 puntos na 11ª posición da Liga F.A noite foi especial porque a gran capitá Cris Martínez, tras 10 tempadas; e Fran Alonso, despois de ano e medio, despedíronse de ANOSAFORZA.Ademais de Cris Martínez, a outra novidade moi importante na convocatoria foi a presenza de Millene, xa recuperada da súa lesión nun ombreiro.A talentosa dianteira brasileira chegou a disputar os últimos minutos, unha gran noticia para o Club.Paula Novo, Redru e Lucía Rivas foron as representantes de ANOSACANTEIRA.Fran Alonso admitiu na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "houbo momentos nos que estivemos ben, outros nos que estivemos mal. Foi un partido de alternativas, moi competido".A primeira gran ocasión foi para a espanyolista Del Álamo, que se quedou soa ante Inês Pereira nunha posición algo escorada. A internacional portuguesa rexeitou como puido o disparo da catalá.Á media hora Espe Pizarro rematou desviado tras regatear á súa par nunha contra.Na outra área, Ona atopouse con Inês Pereira, que lle gañou co pé no man a man.No desconto da primeira parte, Ona aproveita un desaxuste defensivo de As Nosas para plantarse diante de Inês Pereira e batela no man a man.Respondeu á perfección o Dépor ABANCA.Bárbara conduce unha contra pola banda esquerda, cede ao medio a Paula Gutiérrez, que ve a Samara entrando polo carril dereito. A lateral mete un balón raso atrás para que a propia Paula fusile a Muñoz e suba o empate ao marcador.Con empate a un gol chegouse ao final dunha primeira parte ateigada de alternativas.Tras o paso polos vestiarios, arrancou mellor o RCD Espanyol na segunda metade.Iso si, Espe Pizarro puxo en apuros á porteira rival cun chuto á escuadra. Muñoz evitou o tanto deportivista.A defensora branquiazul Raquel evitou co seu corpo o tanto de Ona nun remate franco da espanyolista na área.Froito do seu mellor xogo chegou o segundo tanto do RCD Espanyol, nun cabezazo de Naima tras un centro lateral desde a banda dereita de Ona no minuto 55. De novo as catalás puxéronse por diante."Cometemos dous fallos grandes nos goles, que nos penalizaron moito", lamentouse o técnico deportivista.Fran Alonso moveu pezas. Monteagudo e Olaya relevan a Vera e Lía.Pouco a pouco recuperouse o Dépor ABANCA, que volveu inquedar á gardameta rival Muñoz.No minuto 70, Olaya chuta unha falta lixeiramente desviada tras tocar nunha defensora.Pouco despois, Muñoz desvia un disparo de Ainhoa Marín que se coaba.O momento máis emotivo da noite chegou no minuto 78 coa entrada de Cris Martínez en substitución de Bárbara. A capitá xogou así os seus últimos minutos en ABANCA-RIAZOR, xa que se retirará do fútbol ao rematar a presente temporada.Empurrou o Dépor ABANCA polo empate e logrouno no minuto 87. Monteagudo remata na área un centro raso desde a banda dereita de Cris Martínez nunha acción similar á de Paula Gutiérrez na primeira metade.Xa no desconto, a colexiada do encontro, a castelán-leonesa Raquel Suárez, expulsou con vermella directa a Inês Pereira, que chegou tarde nun balón longo e derrubou a Browne.Olaya ocupou o seu sitio baixo paus porque o equipo xa realizara os 5 cambios. Non houbo tempo para que o RCD Espanyol aproveitase esta circunstancia para marcar."Imos con tristura por un lado e alegría porque Cris Martínez se retirou no campo despois de moito tempo sen adestrar, custoulle moito volver adestrar, recuperar a dinámica. Estou moi orgulloso dela. Que alguén que lle deu 10 anos a un Club acabe desta maneira é unha alegría", resumiu Fran Alonso.Finalizado o encontro, As Nosas despedíronse esta temporada de ANOSAFORZA e Cris Martínez viviu coas súas compañeiras e coa súa familia os últimos intres en ABANCA-RIAZOR como xogadora do Dépor ABANCA.Deportivo ABANCA: Inês Pereira, Samara, Barth, Raquel, Vera (Monteagudo, min. 60), Lucía Martínez (Henar, min. 74), Paula Gutiérrez, Ainhoa Marín (Millene, min. 74), Lía (Olaya, min. 60), Bárbara (Cris Martínez, min. 78) e Espe PizarroRCD Espanyol: Muñoz, Amaia, Ainoa, Del Álamo (Mar Torras, min. 64), Ona (Pablos, min. 82), Paula, Naima (Arana, min. 76), Guerra (Aina, min. 64), Caracas (Simona, min. 76), Browne e DomenechÁrbitra: Raquel Suárez, do comité castelán-leonés. Amonestou a Guerra (min. 20), Caracas (min. 44), Domenech (min. 45) e Olaya (min. 65). Expulsou con vermella directa a Inês Pereira (min. 90+6).Goles: 0-1 Ona (min. 45+2); 1-1 Paula Gutiérrez (min. 45+4); 1-2 Naima (min. 55); 2-2 Monteagudo (min. 86)Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 800 espectadores. O estadio homenaxeou ao Orzán SD Alevín, recentemente proclamado campión galego


O Dépor ABANCA Xuvenil pecha a súa participación no Torneo Pa...

Fran Alonso, tras o seu último partido en ABANCA-RIAZOR: "O D...

Máis de 70 empresarios déronse cita no Sponsor Day 2025-26, c...

O Alevín deportivista, subcampión do Trofeo Conservas Calvo d...

As Nosas adéstranse de novo este venres 29 de maio no Dépor T...

Unha vitoria e unha derrota, balance ata a data do Dépor ABAN...