RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Fran Alonso, tras o seu último partido en ABANCA-RIAZOR: "O Dépor converteuse na miña familia"

DÉPOR ABANCA · 28 MAIO 2026

FRAN ALONSO, TRAS O SEU ÚLTIMO PARTIDO EN ABANCA-RIAZOR: "O DÉPOR CONVERTEUSE NA MIÑA FAMILIA"

Fran Alonso confesou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR, visiblemente emocionado, que "hai ano e medio vin aquí só. O Dépor converteuse na miña familia. Pasamos momentos moi duros dentro e fóra porque o ano pasado loitamos por manter o equipo en Liga F".Considera que esta tempada é "boísima aínda que sei que sempre se pode mellorar. O equipo está asentado en Liga F, por primeira vez na historia 3 tempadas consecutivas, a maior goleada histórica no partido ante o Madrid CFF..."Confesou ter estado o pasado domingo na fanzone de Riazor "celebrando o ascenso do equipo masculino. Encántame. Marcho coa ilusión de empezar unha nova aventura pero con tristura. Vin aquí sen ser un seguidor do Dépor e marcho sendo un afeccionado radical".Fran Alonso agradeceu a "toda a xente que se cruzou no meu camiño, ás xogadoras, ao staff, á directiva, á afección".Desvelou o preparador blanquiazul, que estivo acompañado no partido polos seus pais, que "era un día moi difícil para manter a compostura, con moitas xogadoras que o ano que vén non as verei. Un día moi emotivo. Teño un sentimento de alegría e orgullo de ter estado aquí e tristura porque, polo de agora por uns anos, non voltarei".