
DÉPOR ABANCA · 9 XUÑO 2026
INÊS PEREIRA, A PESAR DE CAER EN FINLANDIA, ASCENDE CON PORTUGAL Á SERIE A DA LIGA DE LAS NACIONES
Inês Pereira estivo concentrada coa selección de Portugal para dous partidos correspondentes ao grupo 3 da serie B de clasificación para o Campionato do Mundo.Os rivais da gardameta do Dépor ABANCA nesta xanela FIFA foron Letonia e Finlandia.O segundo choque foi precisamente ante as finlandesas este martes 9 de xuño no Tammelan Stadion en Tampere.Caeu por 3-1 Portugal, con Inês Pereira no once inicial.A pesar deste resultado, as lusas quedaron con 15 puntos pero primeiras de grupo e ascenden á Serie A da Liga de Nacións.O primeiro dos dous partidos desta xanela FIFA xogouse o pasado venres 5 de xuño ante Letonia no Estadio Antonio Coimbra da Mota (Estoril).Golearon as portuguesas (5-0) con Inês Pereira desta volta no banco.Os resultados da futbolista branquiazul foron os seguintes:Venres 5 de xuñoPORTUGAL 5 - LETONIA 0Martes 9 de xuñoFINLANDIA 3 - PORTUGAL 1Inês Pereira concluíu a temporada no Dépor ABANCA con 27 partidos xogados, todos eles como titular.

A RC Deportivo Fundación pecha a súa expedición en Cabo Verde...

Aberto o prazo de solicitude de entradas para o partido ante ...

Nace 'Falas Dépor', un foro do 13 ao 15 de novembro para conv...

Pierre-Emerick Aubameyang comezou este martes 27 a facer algu...

A viaxe do RC Deportivo Business Club ao Riyadh Air Metropoli...

Alberto Rodríguez móstrase tras o triunfo ante o Deportivo Al...