
DÉPOR GENUINE · 9 XUÑO 2026
O DÉPOR GENUINE GOZA E CELEBRA NA MS2 CUP DE VIGO
O Dépor Genuine volveu esta pasada fin de semana a gozar do fútbol, a compartir valores e a demostrar que o deporte é moito máis ca un resultado.Os Nosos regresaron aos terreos de xogo con motivo da MS2 Cup, unha cita marcada pola convivencia, o compañeirismo e a paixón polo fútbol inclusivo.Nesta ocasión, o conxunto blanquiazul enfrontouse na Madroa ao Celta Integra nunha nova xornada de amizade e deporte que volveu poñer de manifesto o verdadeiro espírito desta competición.Sobre a herba, o Dépor Genuine asinou unha gran actuación e logrou a vitoria por 0-2, un triunfo que os deportivistas celebraron coa alegría e a ilusión que os caracteriza.En encontros coma este cada gol, cada abrazo e cada sorriso teñen un significado especial.Alén do marcador, a xornada volveu ser unha mostra do poder do fútbol para derrubar barreiras, xerar oportunidades e construír espazos onde todas e todos teñen cabida. Valores que o Dépor Genuine representa con orgullo en cada adestramento e en cada partido.Con esta participación na MS2 Cup, Os Nosos encaran xa a recta final dunha temporada na que seguiron a ser un exemplo dentro e fóra do campo, demostrando que o fútbol é unha extraordinaria ferramenta de integración, inclusión e medre persoal.


Parte médico de Andrea Tarazona

Un Dépor "cos pés no chan pero con moita confianza tamén" vis...

Alberto Rodríguez asegura que "a enerxía do grupo é boa" pero...

Primeiros partidos este venres 11 do Infantil no Torneo de Ar...

As Nosas adestran de novo este sábado 12 de setembro no Dépor...

Un Dépor ABANCA que "o deixou todo no campo" non pode co Real...