
DÉPOR ABANCA · 8 XUÑO 2026
INÊS PEREIRA VISITA ESTE MARTES 9 DE XUÑO FINLANDIA NO TORNEO DE CLASIFICACIÓN PARA O MUNDIAL
Inês Pereira está concentrada coa selección de Portugal para dous partidos correspondentes ao grupo 3 da serie B de clasificación para o Campionato do Mundo.Os rivais da gardameta do Dépor ABANCA nesta xanela FIFA son Letonia e Finlandia.O segundo choque é ante as finlandesas, segundas do grupo con 12 puntos, este martes 9 de xuño a partir das 18:00 no Tammelan Stadion en Tampere.O combinado luso suma 15 puntos de 15 posibles e é o líder da clasificación.No partido da primeira volta disputado o pasado mes de marzo en Vizela venceu Portugal (2-0) cos goles no desconto.O primeiro dos dous partidos desta xanela FIFA xogouse o pasado venres 5 de xuño ante Letonia no Estadio Antonio Coimbra da Mota (Estoril).Golearon as portuguesas (5-0) con Inês Pereira desta volta no banco.O calendario de partidos da futbolista branquiazul, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Venres 5 de xuñoPORTUGAL 5 - LETONIA 0Martes 9 de xuño18:00: FINLANDIA - PORTUGAL, no Tammelan Stadion en TampereInês Pereira concluíu a tempada no Dépor ABANCA con 27 partidos xogados, todos eles como titular.

Fernando Soriano advirte que "non imos precipitarnos en ningú...

O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...