
DÉPOR · 27 XULLO 2026
O RC DEPORTIVO CONCLÚE A PRIMEIRA FASE DA CAMPAÑA DE ABONADOS CON 26.412 RENOVACIÓNS
O RC Deportivo conclúe a primeira fase da campaña de abonados con 26.412 renovacións.A partir de agora, as localidades non renovadas quedarán liberadas para cambios de asento, cambios de modalidade, novas altas ou reasignacións internas.Os cambios de localidade e modalidade realizaranse do 29 de xullo ao 12 de agosto ás 18:00 horas, exclusivamente para persoas abonadas da temporada pasada e mediante cita previa.Do 17 ao 21 de agosto non será necesaria cita previa.O horario da Oficina de Atención ao Deportivista (OAD) será de luns a xoves de 9:15 a 13:30 e de 15:00 a 18:00; e os venres de 9:15 a 14:00 horas.
Compromiso de asistencia: un ABANCA-RIAZOR máis cheo, un Dépor máis forteO RC Deportivo implementa esta temporada o Compromiso de Asistencia e Utilización do Abono, un sistema pensado para fomentar a asistencia, facilitar a cesión e promover a liberación de localidades cando unha persoa abonada non poida acudir.Para os 19 partidos de LaLiga EA SPORTS na casa, establécense 15 usos válidos como referencia para acceder a condicións preferentes de renovación. Contarán como uso válido tres accións: asistir ao partido, ceder o abono ou liberar o asento a través das canles oficiais do Club.O obxectivo é recoñecer e fomentar un uso responsable do abono, ademais de permitir que outros deportivistas teñan máis opcións de conseguir unha entrada cando exista dispoñibilidade. Cada localidade ocupada axuda ao equipo e mellora o ambiente de ABANCA-RIAZOR.Podes descargar aquí o dossier da campaña de abonados.


Miguel Loureiro dá un novo paso na súa recuperación no inicio...

Primeiro amigable de pretemporada para o Dépor ABANCA, esta s...

Nova semana de pretemporada para Os Nosos con dous partidos, ...

Teun Gijselhart afirma que "Aubameyang é un exemplo para todo...

Vilalba, próxima parada do Dépor este verán

Sen goles no Carlos Tartiere de Oviedo no segundo amigable do...