
DÉPOR ABANCA · 8 XUÑO 2026
ESPE PIZARRO CONCLÚE A CONMEBOL LIGA DE NACIONES ESTE MARTES 9 DE XUÑO EN MONTEVIDEO ANTE VENEZUELA
Esperanza Pizarro está concentrada con Uruguay para os dous últimos partidos da Conmebol Liga de Naciones.Os rivais da dianteira deportivista son Colombia e Venezuela.A última cita para a futbolista do Dépor ABANCA neste torneo clasificatorio será este martes 9 de xuño (madrugada do 10 en Galicia) ante Venezuela no Estadio Centenario de Montevideo.Uruguay afronta o choque na 8ª posición da táboa con 5 puntos.Pola súa banda, Venezuela é 3ª con 11 puntos.O primeiro partido da 'celeste' celebrouse o pasado venres 5 de xuño, madrugada do sábado 6 en Galicia, ante a selección colombiana no Estadio Olímpico Pascual Guerrero de Cali.Espe Pizarro xogou completo un choque que gañou 1-0 Colombia, un equipo potente que con este resultado lidera a táboa e clasificouse directamente para o próximo Mundial.O calendario de partidos da futbolista branquiazul, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Venres 5 de xuñoCOLOMBIA 1 - URUGUAY 0Martes 9 de xuño20:00 (hora local, 1:00 do mércores 10 de xuño en Galicia): URUGUAY - VENEZUELA, no Estadio Centenario de MontevideoEspe Pizarro, que acaba de renovar o seu contrato ata xuño de 2028, sumou na súa primeira temporada no Dépor ABANCA 19 partidos, 17 deles como titular, con 6 goles anotados.

Parte médico de Andrea Tarazona

Un Dépor "cos pés no chan pero con moita confianza tamén" vis...

Alberto Rodríguez asegura que "a enerxía do grupo é boa" pero...

Primeiros partidos este venres 11 do Infantil no Torneo de Ar...

As Nosas adestran de novo este sábado 12 de setembro no Dépor...

Un Dépor ABANCA que "o deixou todo no campo" non pode co Real...